Sen indicios de rebrote: Moncloa só conta 2 novos contagios en Galicia, a pesar de que a Xunta conta polo menos 12

Algo imposible, segundo as cifras do Ministerio, que reflicten só 2 casos diagnosticados onte en toda Galicia. As contradiciones entre as cifras da Xunta e o Estado continúan.


|

Segundo os datos da Xunta, polo menos tres áreas sanitarias sufriron un repunte de coronavirus onte. Entre Vigo, Santiago e Pontevedra sumaron 12 casos activos novos. O que necesariamente implica que polo menos houbo 12 contagios novos diagnosticados. Algo imposible, segundo as cifras do Ministerio, que reflicten só 2 casos diagnosticados onte en toda Galicia. 


As contradiciones entre as cifras da Xunta e o Estado continúan.  Ningunha das dúas administracións está por labor de explicalas, polo menos motu proprio.Barullo que imposibilita aos medios e aos cidadáns confirmar ou descartar se hai indicios de rebrote tras o progresivo desconfinamiento. 


En todo caso, Galiciapress segue actualizando o balance diario a nivel galego coas cifras publicadas polo Ministerio, que lle son enviadas pola Xunta. 


Doutra banda, Galiciapress publica el balance diario por áreas sanitarias do SERGAS en base ás cifras publicadas pola Xunta. 


As dúas fontes oficiais non coinciden nin en número de mortos. Van 615 segundo a Xunta e levamos só 607 segundo o Ministerio.


En Galicia houbo ata hoxe 9.113 casos de coronavirus , segundo as cifras de Moncloa.





POSITIVOS


Con só dous positivos diagnosticados onte, a comunidade parece estar a derrotar de todo ao coronavirus sen indicios do temido repunte. 


Así, de acordo ás cifras do Ministerio, a media móbil semanal a 7 días é de 6 positivos diarios, a mellor cifra desde case o principio da pandemia.


Onte a Xunta unicamente notificou a Madrid 2 novos diagnósticos, a pesar de que o seu propio cómputo fala de polo menos 12 novos casos confirmados.


En conclusión, de acordo ás cifras do Ministerio non hai indicios de rebrote.




HOSPITALIZADOS E UCIs


O número diario de ingresos en hospital é o segundo indicador, tras o número de novos positivos por PCR, que nos debería informar do probable rebrote.


Aquí non hai contradiciones entre Xunta e o Ministerio, porque só Moncloa publica cifras.


Como onte unicamente ingresaron 2 enfermos con COVID -19, a media móbil semanal cae ata os 3 hospitalizados diarios. É o mellor rexistro desde o 12 de marzo, dous días antes do estado de alarma.


En definitiva, a serie de hospitalizados tamén é tranquilizadora.




Só quedan 6 persoas en coidados intensivos en Galicia. É a menor cifra desde o 12 de marzo. Onte ingresou unha persoa en críticos.





FALECIDOS E RECUPERADOS


A serie do Ministerio indica que onte faleceu unha persoa con coronavirus en Galicia. Neste caso, a cifra si coincide cos números da Xunta.


O que non coincide é o total. A Xunta conta 615 e Moncloa 607. Xa van tres xornadas consecutivas nas que difiren nun cálculo tan básico.


O número de recuperados aproxímase aos 10.000. Cada día saen dos rexistros de casos activos uns 20 ou 30 pacientes.




DATOS CORONAVIRUS A NIVEL DE ESPAÑA


O Ministerio comunica que se diagnosticaron 231 casos novos onte. É a maior cifra dos últmos tres días, pero a tendencia xeral segue sendo á baixa.




Tamén é á baixa a tendencia xeral de falecidos diarios. Con 39 onte, é a terceira xornada seguida que os decesos non superan os 50, algo que nunca pasara desde o 14 de marzo.




 A nivel interacional, Brasil é por primeira vez o Estado que notifica máis mortes diarias. Ao ritmo de máis de 1.000 mortos ao día desta semana, pronto superará o cómputo total de decesos de España. 



Made with Flourish




LNTLd positivos diarios pcr en galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE