Vigo segue con máis casos activos que hai unha semana, indican as gráficas locais do coronavirus en Galicia
Todas as áreas sanitarias de Galicia teñen menos casos activos que onte. Agora ben, a baixada é tan leve que, no caso de Vigo, non basta para compensar os repuntes desta semana.
Todas as áreas sanitarias de Galicia teñen menos casos activos que onte. Agora ben, a baixada é tan leve que, no caso de Vigo, non basta para compensar os repuntes desta semana.
Así, a área sanitaria de Vigo ten 266 casos activos. Son dous menos que onte, pero uno máis que o pasado venres. Vigo sufriu un repunte de casos o mércores e o xoves, pasando de 250 a 268.
Implica isto que hai un rebrote de COVID-19 en Vigo?
Non necesariamente. Con anterioridade case todas as áreas sanitarias sufriron ascensos das súas gráficas. Ascensos que remitiron aos poucos días, tres como máximo.
QUE É UN CASO ACTIVO?
Neste escenario de repuntes leves -algo que vén sucedendo en Galicia desde hai semanas e- primeiro que hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.
Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueprados. O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves sufridos este mes en todas as áreas sanitarias.
A NIVEL DE TODA GALICIA SEGUE BAIXANDO, PERO MOI LENTAMENTE
A tendencia xeral estas semanas é claramente á baixa. Agora ben, é evidente que o ritmo de retirada do coronavirus é cada vez menor.
Así a media móbil a 7 días da porcentaxe de diminución diaria é hoxe de -2,5%. A peor cifra desde o 11 de maio.
E é que os descensos da porcentaxe de casos activos cada vez son máis pequenos, algo que non só se pode explicar porque cada vez quedan menos enfermos.
Por exemplo, hoxe a área que máis baixa en termos absolutos é a da Coruña, cando só descende en oito casos. Ferrol queda como estaba pero con só 21 casos activos segue sendo a que presenta menos volume de infectados.
Segundo o SERGAS, o número de casos activos de coronavirus este venres 29 de maio en Galicia ascende a 733 dos cales 179 son da área da Coruña, 49 de Lugo, 89 de Ourense, 30 de Pontevedra, 266 de Vigo, 139 de Santiago e 21 de Ferrol.
Escribe o teu comentario