Tres áreas galegas non rexistran cambios nos seus casos activos de coronavirus mentres as demais baixan lentamente

Con tres áreas sen cambios nas últimas 24 horas, case a metade das áreas galegas sofren este letargo nas súas cifras. A nota máis positiva da xornada é Ourense, que despois de experimentar onte o seu primeiro repunte desde abril, hoxe ve de novo rebaixados os seus algarismos: seis casos menos desde o luns. O repunte de Ourense foi mínimo: de 124 casos activos pasou a 127 -hoxe son 121-.


|

As áreas sanitarias de A Coruña, Pontevedra e Lugo arroxan esta xornada as mesmas cifras que onte. Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un descenso lento na gráfica do conxunto das áreas sanitarias galegas, que só perdeu 20 casos desde onte.


Preocupa especialmente o estancamento de Lugo, que suma xa tres xornadas seguidas sen variacións na súa gráfica, conxelada nos 58 casos activos. Ourense, en cambio, parece recuperada do repunte sufrido onte e hoxe volve ver aliviada a súa estatística. 



Os datos do SERGAS deste martes evidencian algo que desde Galiciapress levamos alertando varios días: a tendencia galega é de frear o virus, pero cada vez máis amodo. Con tres áreas sen cambios nas últimas 24 horas, case a metade das áreas galegas sofren este letargo nas súas cifras


A nota máis positiva da xornada é Ourense, que despois de experimentar onte o seu primeiro repunte desde abril, hoxe ve de novo rebaixados os seus algarismos: seis casos menos desde o luns. O repunte de Ourense foi mínimo: de 124 casos activos pasou a 127 -hoxe son 121-. Nada de que preocuparse, polo menos por agora, teniendo en cuenta os precedentes do resto de áreas. Todas xa sufriron leves repuntes en xornadas concretas, para despois volver baixar, como fixo hoxe a área auriense.


Santiago viu máis mermadas as súas cifras que Ourense, despois de perder oito casos activos no último día. Vigo, a máis afectada, tamén rebaixa as súas casos, con cinco menos. En contraposición con Vigo está Ferrol, con 25 casos activos, a área que conta coas mellores cifras de Galicia. Desde onte, e como vén facendo en xornadas anteriores, perdeu un caso nas súas gráficas. 


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este martes 26 de maio en Galicia ascende a 834 dos cales 207 son da área da Coruña, 58 de Lugo, 121 de Ourense, 36 de Pontevedra, 250 de Vigo, 137 de Santiago e 25 de Ferrol. 


 



Isto implica que hoxe en toda Galicia hai 20 casos activos menos que onte. Continúa o descenso de casos activos, pero faio de maneira cada vez máis lenta.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (6)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE