Seis mortos e decenas de contaxiados desaparecen dos datos oficiais do coronavirus noutro día de caos estatístico

Onte faleceran 613 persoas segundo o Ministerio, pero hoxe son só 607. Dio o mesmo día que a Xunta informa de que xa houbo 614 mortos. De tolos, dificilmente pódese facer peor estatisticamente se as administracións aspiran a que a cidadanía confíe nelas..


|

Segundo o SERGAS informa o SERGAS hoxe, en Galicia morreron 614 persoas por coronavirus. Segundo informa o Ministerio de Sanidade hoxe, en Galicia morreron 607 persoas por coronavirus.


Os 7 decesos de diferenza non se deben a diferentes horas de corte na recollida de datos.


Débese ao caos no que as administracións están a afundir as estatísticas oficiais. Un golpe enorme ao prestixio da Administración. Por exemplo ,un novo cambio de metodoloxía provoca hoxe que uns 2.000 falecidos desparezcan do cómputo global español.


Está a sufrir España ou Galicia un repunte? Non, dinnos os expertos da Xunta e o Goberno de España. Haberá que crelos, porque o certo é que aos medios de comunicación nos resulta imposible contrastalo.


Algo moi  grave, que cerna a necesaria confianza no sistema público para combater unha epidemia que, probablemente, atacaranos de novo.  Especialmente grave agora, cando o discurso oficial se escora cada vez máis cara á necesidade de acabar co confinamento para impulsar a economía.


Lembrar que Moncloa publica o que lle manda a Xunta; pero a Xunta conta, a o  menos desde hai unhas semanas, como lle manda Moncloa. 


É certo que durante moito tempo Galicia ía por libre nas estatísticas, por exemplo non informaba por exemplo do acumulado de casos en UCI. Con todo, San Caetano foi entrando polo curro ministerial a medida que se evidenciaba que sería o Ministerio quen decidiría os ritmos do desconfinamiento.


Desde hai días a Xunta si envía os datos como manda Madrid. Así que a responsabilidade deste novo caos de cifras, que non afecta só a Galicia, recae no Ministerio.


Ministerio que desvía as culpas ás autonomías, do mesmo xeito que a Xunta desvío a responsabilidade ao Ministerio noutros bailes de cifras: "As discrepancias que poidan aparecer respecto a os datos de casos totais notificados previamente son  resultado da validación dos mesmos polas comunidades autónomas e á transición á nova estratexia de vixilancia. Esta discrepancia podería persistir aínda varios días", sinala ao comezo do informe diario.. 


Así, se cremos as cifras oficiais, en Galicia levamos 9.079 positivos confirmados por PCR, que son 26 menos do acumulado ata onte. Sumando os positivos por PCR estariamos en 10.988 casos confirmados desde que empezou a crise.




POSITIVOS


O acto de fe obríganos a crer que onte non houbo ningún contaxio notificado por PCR en Galicia. Algo que é moi estraño, pois viñamos dunha semanal de con unha media de 7 novos casos confirmados ao día por PCR.


Aínda máis estraño se temos en conta que o domingo la Xunta informou de trece novos positivos na residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña e ese mesmo domingo o Ministerio só comunicou 7 positivos por PCR.


Tales discrepancias non son baladís. Son claves para o futuro do país, porque a serie "novos positivos PCR" é a que primeiro nos debería alertar do esperado repunte do COVID-19. Se os seus datos son incongruentes, malamente o público pode confiar no que lle contan os responsables políticos.





HOSPITALIZADOS


A segunda serie que nos debería alertar do rebrote é a de hospitalizacións diarias. E hoxe hai unha considerable subida respecto onte, seis ingresados fronte a só 1. 


Agora ben, atendendo á media móbil semanal, a cifra ingresados diarios segue ao redor dos 4. Así que non se pode afirmar, por agora, que estes números estean a alertarnos dun rebrote do virus.




UCIS


Outro exemplo de números imposibles. Onte o acumulado de persoas que pasaron por coidados intensivos en Galicia era de 336 e hoxe son 328. Iso a pesar de que o SERGAS informa de desde onte só hai un paciente menos con coronavirus na UCI.





FALECEMENTOS


Nin os mortos líbranse do desastre estatístico español e galego.


Onte faleceran 613 persoas segundo o Ministerio, pero hoxe son só 607. Dio o mesmo día que a Xunta informa de que xa houbo 614 mortos. De tolos, dificilmente pódese facer peor estatisticamente se as administracións aspiran a que a cidadanía confíe nelas..

 

Todo isto sería un mero conflito estatístico de non ser, claro, a falta de respecto que supón para as familias dos falecidos. A tal hora poden dubidar con razón se os seus familiares falecidos están ou non no cómputo desta tráxica pandemia.





Este non é o primeiro episodio de caos nas cifras oficiais. Nin o primeiro, nin o segundo.


Un dos primeiros foi cando a Xunta non sumaba os mortos  en residencias nin nos datos que enviaba a Madrid nin no seu cómputo propio. Rectificou no seu cómputo propio pero seguiu sen mandar a suma correcta a Moncloa durante semanas, ata o 28 de marzo.


Ese mesmo día a Xunta aproveitou para poñer ao día as súas cifras de positivos, provocando que desaparecesen 635 contaxiados. 


Ademais, o 16 de maio desparecieron centos de postivos e hospitalizados da serie oficial, segundo a Xunta porque estaba a contar "episodios" e non "persoas", como indicaba o Ministerio nas súas novas normas.  


Sirva de exemplo gráfico do caos esta gráfica imposible, o acumulado de casos de coronavirus en Galicia alimentada directamente da serie de datos oficiais:


Evolucion de casos de cor (1)








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE