Leve repunte de casos en Ourense, Lugo segue igual e o resto baixa, pero moi levemente


As cifras de Ourense publicadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde revelan por primeira vez un aumento no número de casos activos este mes. O gráfico do coronavirus no resto de áreas baixa un pouco, salvo Lugo, que segue igual que onte. En termos xerais, Galicia segue freando o virus, pero cada vez máis amodo.


|

As cifras de Ourense publicadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde revelan por primeira vez un aumento no número de casos activos este mes. O gráfico de o coronavirus en o resto de áreas baixa un pouco, salvo Lugo, que segue igual que onte. En termos xerais, Galicia segue freando o virus, pero cada vez máis amodo.


Desde que a Xunta cambiou a súa forma de contar casos o 29 de baril, a área ourensá era a única das sete galegas que experimentara un descenso sen interrupcións. Esa mellora hase trucado este luns cun lixeiro repunte de tres casos máis desde o domingo. 




O repunte de Ourense é mínimo: de 124 casos activos a 127 hoxe. Nada de que preocuparse, polo menos por agora, teniendo en cuenta os precedentes do resto de áreas. Todas xa sufriron leves repuntes en xornadas concretas, para despois volver baixar.


Por exemplo, Lugo experimentou onte unha subida similar á que sofre hoxe a área da cidade termal. Nesta xornada non rexistrou nin subidas nin baixadas, polo que se mantén nos 58 casos de onte.


Os repuntes puntuais observados en todas as áreas poden ter que ver coas probas de anticorpos que a Xunta está a realizar a determinados colectivos moi expostos. Mentres o positivo en anticorpos non se ratifica ou desmente cun PCR poden pasar algúns días, polo que eses positivos por anticorpos entran no censo de casos activos. 


Doutra banda, o resto de áreas si ven aliviada a súa gráfica. Vigo, a máis castigada en termos absolutos perde seis casos desde onte, mentres que A Coruña, a segunda con máis casos de coronavirus activos, perde oito casos. Santiago é nestes momento a terceira área máis afectada e só decrece en dous casos con respecto a onte. 


Pontevedra e Ferrol mantéñense como as áreas con menos casos positivos. A área pontevedresa, despois de non experimentar cambios o pasado domingo, hoxe ve reducida a súa estatística nun caso menos, mesmo descenso que a área da cidade departamental, que baixa ata os 26 casos activos, a cifra máis baixa das áreas galegas. 



Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este luns 25 de maio en Galicia ascende a 854 dos cales 207 son da área da Coruña, 58 de Lugo, 127 de Ourense, 36 de Pontevedra, 255 de Vigo, 145 de Santiago e 26 de Ferrol. 


Isto implica que hoxe en toda Galicia hai 15 casos activos menos que onte. Continúa o descenso de casos activos, pero faio de maneira cada vez máis lenta.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE