Boas noticias: os pacientes en UCI baixan a menos de 10 por vez primeira desde o pico do coronavirus en Galicia
HOSPITALIZADOSDado tal barullo impide confiar na serie de novos casos confirmados por PCR, a que primeiro nos debe alertar do repunte, fixar na serie de novos hospitalizados, a que nos debería alertarnos en segundo lugar.Tampouco aquí hai indicios dun rebrote.
O caos segue imperando nas estatísticas españolas e galegas do COVID-19. Por exemplo, o Ministerio informa de 607 falecidos mentres a Xunta indica que son 614. A pesar de tal barullo, se nos cremos os datos de hoxe, vemos que o coronavirus segue retrocedendo en Galicia.
O Ministerio contabiliza 9.108 positivos acumulados desde o inicio da pandemia.
POSITIVOS
Onte o Ministerio contaba, coas cifras que lle manda a Xunta, 9.079 casos en total. Se hoxe a Xunta notificou 3 positivos novos, o acumulado debía ser de 9.082. Pois non, o acumulado que dá Moncloa é de 9.108.
Iso significaría 26 casos novos, o que sería o maior aumento de contagios en dúas semanas e un notable repunte respecto a a media de pasadas xornadas.
Se, pola contra, consideramos como válida a cifra de 3 positivos novos que dá o Ministerio, a cifra de hoxe presenta un aspecto máis coherente, sen indicios dun repunte.
Sacar calquera conclusión con este baile de cifras é mera especulación.
Así queda a gráfica da media móbil a 7 días en base ás cifras que vén dando a diario o Ministerio. Como nos veñen repetindo as autoridades, non hai indicios de repunte. A media segue estabilizada ao redor duns 7 novos positivos confirmados por día.
HOSPITALIZADOS
Dado tal barullo impide confiar na serie de novos casos confirmados por PCR, a que primeiro nos debe alertar do repunte, fixar na serie de novos hospitalizados, a que nos debería alertarnos en segundo lugar.
Tampouco aquí hai indicios dun rebrote. A media móbil a 7 días segue instalada ao redor de 3-4 ingresos diarios, a pesar da boa cifra de hoxe, só un ingreso notificado.
UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS
A mellor noticia do día vén das UCIs. Por vez primeira desde o pico, o número de críticos baixa dos dez. De feito, son só 7, catro menos que onte.
Sabemos que este descenso non se debe ao deceso dalgún paciente crítico, porque non se notificou ningunha morte. Sabemos tamén que onte non ingresou ningún paciente en UCI, porque o acumulado segue sendo o mesmo.
O que non sabemos é se se este descenso de 4 pacientes críticos nunha soa xornada débese, oxalá, a 4 altas ou é consecuencia do cambio metodolóxico de onte, que provocou algo imposible, o descenso dle acumulado de enfermos críticos de 336 aos 328.
Segundo a serie oficial, non había tan poucos críticos desde o 13 de marzo.
FALECEMENTOS
Outra gran noticia é que onte non se notificou ningunha morte. É a cuarta vez que pasa neste mes. E podería haber unha quinta pronto, pois no que levamos de martes tampouco hai noticia de ningún deceso.
Así, a cifra de mortes por coronavirus en Galicia segue sendo de 607 segundo o Ministerio, 614 segundo o SERGAS.
Escribe o teu comentario