Tres médicos e dous enfermeiros atenden a 24 maiores contaxiados tras o rebrote de coronavirus nunha residencia da Coruña
Estamos a falar por tanto dun total de tres médicos e dous enfermeiros para atender o rebrote.Segundo os últimos datos do Goberno Gallego, este martes hai 24 casos activos entre as persoas maiores dese centro, trece máis dos que había o pasado venres.A residencia conta con 169 prazas, segundo a Xunta.
Dous médicos e un enfermeiro contratados pola Xunta están a combater o rebrote de coronavirus en Santa Teresa Jornet, segundo confirman desde o SERGAS a Galiciapress. Nesta residencia da Coruña detectouse o maior repunte da pandemia en Galicia ata o de agora. De sábado a domingo apareceron 13 novos casos novos.
A residencia xa sufrira un brote de 55 contagios a mediados de abril. Valora a Xunta intervila administrativamente, dado que é xa a segunda onda de coronavirus nese centro? Cuestionado por Galiciapress, a Xunta obvia a pregunta.
CRÍTICAS Ás HERMANITAS DESDE REDE
Á fronte pois seguen as Hermanitas dos Anciáns Desamparados. Unha congregración cuxa xestión inicial da pandemia foi "catastrófica", segundo denunciou o portavoz de Federación Galega de Usuarios e Residencias REDE, Paulino Campos.
Ademais dos tres traballadores, o centro conta, segundo a Xunta, con "o seu propio médico e enfermeira". Estamos a falar por tanto dun total de tres médicos e dous enfermeiros para atender o rebrote.
Segundo os últimos datos do Goberno Galego, este martes hai 24 casos activos entre as persoas maiores dese centro, trece máis dos que había o pasado venres.
A residencia conta con 169 prazas, segundo a Xunta. A Consellería de Política Social computou un total de 58 positivos. É dicir, aproximadamente un de cada tres residentes ha resultado contaxiado.
ENTRE 7 E 20 FALECIDOS
A cifra oficial de falecidos é de 7 persoas. Con todo, hai que sumar os maiores mortos en hospitais, tras ser trasladados desde o asilo de Eirís. Segundo fontes de REDE, o número de óbitos total podería roldar "entre os 15 ou 20".
Escribe o teu comentario