Catro áreas galegas levan 24 horas estancadas nos seus casos de coronavirus, segundo o SERGAS

A retardación no descenso de casos activos en Galicia é cada vez máis evidentes. Esta xornada os datos do Servizo Galego de Saúde indican que máis da metade das áreas galegas non sufriron variacións na súa gráfica no último día. O estado de hibernación da comunidade tradúcese en só dez casos menos no último día, coas áreas de Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra e Ourense arroxando as mesmas cifras que o domingo. Con todo, cabe destacar que ningunha das áreas galegas ha sufrido repuntes este luns.


|

A retardación no descenso de casos activos en Galicia é cada vez máis evidentes. Esta xornada os datos do Servizo Galego de Saúde indican que máis da metade das áreas galegas non sufriron variacións na súa gráfica no último día.


O estado de hibernación da comunidade tradúcese en só dez casos menos no último día, coas áreas de Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra e Ourense arroxando as mesmas cifras que o domingo. Con todo, cabe destacar que ningunha das áreas galegas ha sufrido repuntes este luns.




QUE É UN CASO ACTIVO?

Aínda que hoxe non se dá o escenario de repuntes leves que vén sendo habitual en Galicia desde hai semanas, que hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.


Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueperados. 

O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves sufridos este mes en todas as áreas sanitarias. 


RESTO DE ÁREAS

Mentres a maioría de áreas está inmoviles, A Coruña, Vigo e Lugo si minguan os seus algarismos. Nesta sentida a área herculina é a que acusa o maior descenso, con cinco casos menos, e Lugo a que menos baixada sofre, cun caso menos. 


Doutra banda, Vigo, aínda que viu reducido o seu índice de casos activos, só rexistra catro casos menos nas últimas 24 horas. Isto, aínda que é unha boa noticia, significa que a área olívica segue contando con máis casos activos que hai unha semana. O domingo 24 de maio eran 261 os casos activos;  hoxe son 262. Vigo chegou a ter 250 casos activos o martes 26 de maio. 


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este luns 1 de xuño en Galicia ascende a 722 dos cales 162 son da área da Coruña, 40 de Lugo, 75 de Ourense, 28 de Pontevedra, 262 de Vigo, 135 de Santiago e 20 de Ferrol. 






Isto implica que hoxe en  Galicia hai 10 casos activos menos que onte. Continúa o descenso de casos activos a nivel autonómico, pero faio de maneira moi lenta, cun descenso diario de 1,4%, o peor dato desde o día 28 de maio, cando se situou nun 1,3%. Do mesmo xeito, o resultado é que a media móbil semana da porcentaxe de caída queda en -2,4%, igual que na xornada de onte. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (10)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE