A marca catalá necesita canto antes unha fusión con outra entidade que lle axude a limpar os seus delicados balances. Se prospera o acordo entre CaixaBank e Bankia os seus noivos potenciais seran aínda menos co BBVA como única saída lóxica.
A "sobrecarga de traballo" en Financeira O Corte Inglés (FCI) é tal que é imposible dar un servizo de calidade. Así o denuncia a Coordinadora Sindical de Clase (CSC), un dos sindicatos con representación entre os seus traballadores."Lembrámoslle á empresa que non quixo renovar o contrato a decenas de compañeiros e compañeiras aos que mandou ao paro mentres o servizo de Atención ao Cliente seguía desbordado de chamadas sen atender, a pesar das trampas da dirección para que estas chamadas non conten nas cifras de abandono", denuncia a central nun comunicado.
Primeiro o Popular comeuse ao galego Banco Pastor, logo crebou o Popular e o Santander quedoullo por un euro. Froito desta concentración bancaria, Galicia perde máis de 100 sucursais. 26 non volverán levantar a persiana despois deste venres.
En xuño de 2017, OCU presentou a súa denuncia contra a antiga cúpula da entidade resolta e posteriormente comprada polo simbólico prezo dun euro por Banco Santander.
A que fose matriz da defunta entidade galega Banco Pastor, o Banco Popular, suma unha ristra de condenas por convencer a clientes en investimentos con información falseada, como as que acaba de desvelar hoxe un letrado de Ourense. Condenas que deberá afrontar o seu actual dono, o Banco Santander.
Un exgestor de clientes da oficina aceptou dous anos de prisión por apropiación indebida desde 1997 a 2014, aínda que ao non existir antecedentes penais non pisará o cárcere.
A CIG convocou estas protestas nunha xornada onde o sindicato tamén se mobilizou para protestar polas xornadas abusivas ás que ven sometidos os traballadores do BBVA.
Máis de 305.000 cidadáns -moitos galegos- perderon os seus investimentos no Banco Popular, que comprara a histórica entidade galega Banco Pastor. Dous anos despois de que o Santander quedásello por un euro, os xulgados tramitan miles de demandas e a Audiencia Nacional un procedemento penal.