Work Café para os clientes do Santander no centro urbano, peche de oficinas nos barrios e no rural
Mentres o Banco Santander deixa sen oficina a moitas comarcas rurais e tieene en marcha un ERE , abre en Vigo un "work café". É dicir, unha oficina, pero só útil para aqueles destros no mundo dixital.
Mentres o Banco Santander deixa sen oficina a moitas comarcas rurais e tieene en marcha un ERE , abre en Vigo un "work café". É dicir, unha oficina, pero só útil para aqueles destros no mundo dixital.
A CIG Banca protestou contra esta estratexia de "abrir chiringuitos mentres manda traballadoras á rúa e obriga á clientela para facer colas". Segundo datos do sindicato, o Santander, que absorbeu ao Popular, prevé pechar outras 79 oficinas en Galicia e desfacerse de 370 asalariados, algúns procedentes do defunto Banco Pastor.
Protesta de traballadoras de Banco Santander fronte ao Work Cafe do Santander na Rúa Príncipe de Vigo nunha foto de CIG
“Coffee shop non Santander e a clientela sen atender”, “Máis persoal, menos work café, que non banco non sobra ninguén” e “Á clientela hai que atendela” foron algunhas das proclamas lanzadas polos sindicalistas.
NOVO MODELO
Os operarios cargan contra a "falsa modernidade" do novo modelo de negocio bancario. Na súa opinión, é unha simple estratexia de redución de custos en prexuízo dunha clientela que "se teñen que trasladar de toda a vida á outra punta da cidade e mesmo a outros concellos para realizar as súas xestións".
Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), 42 municipios galegos, o 13% do total, carecen dunha entidade de crédito e a provincia máis afectada é Ourense, onde 26 concellos non dispoñen deste servizo.
Vista a estratexia que estána aplicando entidades como Abanca e o Santander, é probable que estas cifras aumenten no próximo reconto.
Escribe o teu comentario