O Banco Santander condenado a devolver o diñeiro que un matrimonio investiu en accións do Popular

|

A parella herculina gana a demanda presentada a través de Solvendi Avogados na Coruña


O Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña condenou ao Banco Santander a devolver a un matrimonio o diñeiro que investira en accións do Banco Popular, segundo informa a firma Solvendi Avogados, que levou o caso.


A presidenta de Banco Santander, Ana Botín, na Conferencia Internacional de Banca 2019


Trátase de accións compradas antes da ampliación de capital de 2016. No xuízo, o matrimonio solicitou que se declarase a nulidade "por vicio no consentimento ao ser subscritas as accións do Banco Popular con erro invalidante".

Por iso, reclamaba devolución da cantidade desembolsada na compra de accións, uns 16.610 euros, máis os intereses legais correspondentes.

No seu fallo, a xuíza estima as pretensións dos demandantes xa que entende que concorre "un vicio invalidante na prestación do consentimento" e condena á entidade para devolver a cantidade que reclamaba o matrimonio, máis intereses.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress