Banco Pastor

O Banco Santander condenado a devolver o diñeiro que un matrimonio investiu en accións do Popular
O Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña condenou ao Banco Santander a devolver a un matrimonio o diñeiro que investira en accións do Banco Popular, segundo informa a firma Solvendi Avogados, que levou o caso.
O Banco Santander pecha hoxe outras 13 oficinas culminando o ERE que SE levou por diante 130 en Galicia
Finalmente pecháronse 1.128 oficinas pola integración de Popular
Último día para 26 oficinas do Santander, Popular e Pastor en Galicia

Primeiro o Popular comeuse ao galego Banco Pastor, logo crebou o Popular e o Santander quedoullo por un euro. Froito desta concentración bancaria, Galicia perde máis de 100 sucursais. 26 non volverán levantar a persiana despois deste venres.

A Xustiza anula vendas de accións do Banco Popular, incluída a unha octoxenaria sen estudos

A que fose matriz da defunta entidade galega Banco Pastor, o Banco Popular, suma unha ristra de condenas por convencer a clientes en investimentos con información falseada, como as que acaba de desvelar hoxe un letrado de Ourense. Condenas que deberá afrontar o seu actual dono, o Banco Santander.

Miles de persoas seguen loitando por recuperar os seus aforros dous anos despois da quebra do Banco Popular, matriz do Banco Pastor

Máis de 305.000 cidadáns -moitos galegos- perderon os seus investimentos no Banco Popular, que comprara a histórica entidade galega Banco Pastor. Dous anos despois de que o Santander quedásello por un euro, os xulgados tramitan miles de demandas e a Audiencia Nacional un procedemento penal.

Prevén unha "brutal restructuración" do Banco Santander en Galicia

A pesar de gañar máis de 3.750 millóns en 2018, a entidade herdeira da rede do Banco Pastor quere pechar máis de 1.100 oficinas

O ERE do Santander suprimirá 3.700 empregos, unha parte en Galicia

A comunidade é unha das zonas nas que máis duplicidades ten a súa rede, ao herdar o Santander as sucursais do Popular e do Banco Pastor. En total, aspira a pechar máis de1.100 oficinas en toda España.

Galicia será unha das que máis sufra o ERE do Banco Santander que se negocia desde hoxe

A autonomía ten moitas papeletas de ser unha das maiores prexudicadas polo Expediente de Regulación de Emprego. E é que este ERE ponse en marcha en teoría para reducir duplicidades entre as oficinas do Santander e as oficinas do Popular, que en Galicia ten numerosas sucursais ao ser a matriz da defunta entidade galega Banco Pastor. 

Hai tantos supostos estafados no caso do Banco Popular (Banco Pastor) que o xuíz os forza a agruparse

Son centos de miles os presuntos estafados no defunto Banco Popular, matriz do galego Banco Pastor, entre outros movitos por suposta información privilexiada a algúns clientes. Os afectados son tantos (300.000 segundo a OCU) que o xuíz tivo que tomar cartas no asunto 

Clientes ricos do Banco Pastor tiveron información privilexiada para saírse a tempo, din peritos segundo ADICAE
Adicae afirmou que o informe pericial dos inspectores do Banco de España sobre a resolución de Banco Popular corrobora a tese das súas querelas, que defenden que nin o folleto nin a ampliación de capital de maio de 2016 reflectían a realidade contable do Banco Popular.
A matriz do Pastor condenada por vender a unha anciá preferentes como un investimento seguro
O Xulgado de Primeira Instancia Número 5 de Ourense e o Xulgado de Primeira Instancia Número 3 de Ponteareas condenaron ao Banco Popular a devolver máis de 28.000 euros a dous clientes con accións con bonos subordinados, participacións preferentes e accións de ampliación de capital de 2016 da entidade financeira.
Sentenza pioneira proba que a matriz do Banco Pastor enganou aos seus accionistas desde 2010

Boas noticias para os miles de galegos que compraron accións do Banco Pastor ou do Banco Popular nos últimos anos. Un xulgado anula a venda de títulos a un empregado da entidade porque lle deron datos falsos.

"Santander sabía que o Popular ía crebar e ofreceu 200 millóns, finamente levouno por 1€"

Banco Santander puido anticipar a resolución de Banco Popular semanas antes de que as autoridades reguladoras europeas actuasen, ofrecendo non máis de 200 millóns de euros pola entidade entón presidida por Emilio Saracho, segundo documentos aos que tivo acceso S&P Global Market Intelligence

Santander pecha seis oficinas do Pastor en Galicia para evitar duplicidade de sucursais

Este "primeiro envite" co peche de seis oficinas "non tivo repercusión" en perda de emprego, máis aló do "trastorno" e as "dificultades operativas do día a día"

A Xunta sobre a supresión das marcas Pastor e Santander: "É un erro da entidade. Debería manterse a marca"

O director xeral de Política Financeira, David Cabañó, avogou por non esquecer "que a decisión final corresponde á propiedade do banco, que tomará as decisións empresariais en función da súa estratexia"

​O Santander asina o ERE entre presións para que Banco Pastor siga existindo

"Son empregos de alta calidade e de salarios decentes que van cara a un modelo de desvalorización salarial", afirman desde En Marea.

Santander coloca a ministra de Aznar Isabel Tocino á fronte do que queda do Banco Pastor

Levaba dez anos como conselleira independente do Santander.

O Santander pon na corda frouxa case 200 empregos das oficinas do Popular-Pastor

Son as cifras do ERE que o banco trasladou aos sindicatos e corresponden cos centros que teñen na Coruña e Bergondo.

O Santander chama aos sindicatos pola reestruturación tras rescatar o Popular

Os representantes dos traballadores en Galicia reclaman manter a marca Banco Pastor, como unha "solución" para o emprego


Preocupación polo futuro da Fundación Barrié tras a caída do Popular

Desde a institución, que ten investimentos como a rehabilitación do Pórtico da Gloria, manteñen silencio.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE