O Santander chama aos sindicatos pola reestruturación tras rescatar o Popular

Os representantes dos traballadores en Galicia reclaman manter a marca Banco Pastor, como unha "solución" para o emprego



|

Bancopastorandamio


O Banco Santander convocou os sindicatos este venres 3 de novembro, ás 10,30 horas en Madrid, para abordar a reestruturación da entidade tras a absorción do Popular-Pastor.


A portavoz da CIG no Pastor, Rosa Conde, reivindicou como "solución" o mantemento da marca galega, tan só tres días despois de que o conselleiro delegado de Santander, José Antonio Álvarez, abrise a porta a esta vía.


En declaracións a Europa Press, Conde destacou que as centrais sindicais dun e outro grupo están "á expectativa" do que a dirección lles traslade o venres, e só dispoñen por agora de "rumores" que apuntan que a entidade "estivo a estudar como estaban compostos os servizos centrais" e cantas duplicidades se producían tras a compra.


"Non sabemos como vai afectar, se só se vai aplicar en Madrid ou tamén aínda que os servizos centrais estean nos distintos centros territoriais", apuntou.


OS PRAZOS


Aínda sen tratarse dunha comunicación oficial, esta portavoz estima que Santander quererá ter pechada a negociación da reestruturación antes de final de ano.


A fase previa adoita resolverse en non máis de dúas semanas, mentres que a lei fixa un máximo de 30 días para o período oficial, de aí esa data de antes de que acabe 2017. Neste escenario, entende que a do venres será unha primeira toma de contacto.


Con todo, e esta información si é "oficiosa", segundo lembra, o Banco Santander non prevé comezar coa execución da reestruturación ata finais de 2018 ou principios de 2019, tendo en conta que antes aspira a ter finalizada a integración tecnolóxica, que dilata os tempos debido á súa complexidade.


O PERSOAL


Neste escenario, Rosa Pastor chamou a atención sobre que os representantes dos traballadores en Galicia reclaman o mantemento da marca Pastor, como unha "solución" tanto para o negocio, polo "valor engadido" que ten; como para o emprego.


O Popular-Pastor contaba con 1.422 traballadores con datos ao 31 de agosto, mentres que o Santander dispón duns 900 profesionais na comunidade.


relacionada Incerteza sobre o futuro do Pastor e o seu persoal tras a compra do Popular
relacionada Bruxelas despacha as dúbidas sobre a venda do Popular ao Banco Santander

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE