Banco Popular

O Banco Santander condenado a devolver o diñeiro que un matrimonio investiu en accións do Popular
O Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña condenou ao Banco Santander a devolver a un matrimonio o diñeiro que investira en accións do Banco Popular, segundo informa a firma Solvendi Avogados, que levou o caso.
O Banco Santander pecha hoxe outras 13 oficinas culminando o ERE que SE levou por diante 130 en Galicia
Finalmente pecháronse 1.128 oficinas pola integración de Popular
Último día para 26 oficinas do Santander, Popular e Pastor en Galicia

Primeiro o Popular comeuse ao galego Banco Pastor, logo crebou o Popular e o Santander quedoullo por un euro. Froito desta concentración bancaria, Galicia perde máis de 100 sucursais. 26 non volverán levantar a persiana despois deste venres.

A Xustiza anula vendas de accións do Banco Popular, incluída a unha octoxenaria sen estudos

A que fose matriz da defunta entidade galega Banco Pastor, o Banco Popular, suma unha ristra de condenas por convencer a clientes en investimentos con información falseada, como as que acaba de desvelar hoxe un letrado de Ourense. Condenas que deberá afrontar o seu actual dono, o Banco Santander.

Miles de persoas seguen loitando por recuperar os seus aforros dous anos despois da quebra do Banco Popular, matriz do Banco Pastor

Máis de 305.000 cidadáns -moitos galegos- perderon os seus investimentos no Banco Popular, que comprara a histórica entidade galega Banco Pastor. Dous anos despois de que o Santander quedásello por un euro, os xulgados tramitan miles de demandas e a Audiencia Nacional un procedemento penal.

Prevén unha "brutal restructuración" do Banco Santander en Galicia

A pesar de gañar máis de 3.750 millóns en 2018, a entidade herdeira da rede do Banco Pastor quere pechar máis de 1.100 oficinas

O ERE do Santander suprimirá 3.700 empregos, unha parte en Galicia

A comunidade é unha das zonas nas que máis duplicidades ten a súa rede, ao herdar o Santander as sucursais do Popular e do Banco Pastor. En total, aspira a pechar máis de1.100 oficinas en toda España.

Galicia será unha das que máis sufra o ERE do Banco Santander que se negocia desde hoxe

A autonomía ten moitas papeletas de ser unha das maiores prexudicadas polo Expediente de Regulación de Emprego. E é que este ERE ponse en marcha en teoría para reducir duplicidades entre as oficinas do Santander e as oficinas do Popular, que en Galicia ten numerosas sucursais ao ser a matriz da defunta entidade galega Banco Pastor. 

Hai tantos supostos estafados no caso do Banco Popular (Banco Pastor) que o xuíz os forza a agruparse

Son centos de miles os presuntos estafados no defunto Banco Popular, matriz do galego Banco Pastor, entre outros movitos por suposta información privilexiada a algúns clientes. Os afectados son tantos (300.000 segundo a OCU) que o xuíz tivo que tomar cartas no asunto 

Clientes ricos do Banco Pastor tiveron información privilexiada para saírse a tempo, din peritos segundo ADICAE
Adicae afirmou que o informe pericial dos inspectores do Banco de España sobre a resolución de Banco Popular corrobora a tese das súas querelas, que defenden que nin o folleto nin a ampliación de capital de maio de 2016 reflectían a realidade contable do Banco Popular.
Sentenza pioneira proba que a matriz do Banco Pastor enganou aos seus accionistas desde 2010

Boas noticias para os miles de galegos que compraron accións do Banco Pastor ou do Banco Popular nos últimos anos. Un xulgado anula a venda de títulos a un empregado da entidade porque lle deron datos falsos.

"Santander sabía que o Popular ía crebar e ofreceu 200 millóns, finamente levouno por 1€"

Banco Santander puido anticipar a resolución de Banco Popular semanas antes de que as autoridades reguladoras europeas actuasen, ofrecendo non máis de 200 millóns de euros pola entidade entón presidida por Emilio Saracho, segundo documentos aos que tivo acceso S&P Global Market Intelligence

O Banco Popular condenado a pagar máis de 30.000 euros a un matrimonio pola compra de bonos convertibles

"Trátase dunha sentenza moi relevante porque abre a porta a moitas outras nulidades de bonistas do Popular aos que se colocou o produto sen a debida transparencia"



Accionistas e acredores do Banco Popular non serán compensados pola JUR

Os bonistas, pola súa banda, móstranse en desacordo coa decisión do organismo europeo a o considerar que os informes "non son realistas"

Outra demanda polo agasallo do Pastor ao Santander

Un grupo de impotantes investidores de México demanda a España pola venda do Banco Popular, matriz do galego Banco Pastor, ao Santander por un euro. Os mexicandos viron como case 500 millóns de euros se esfumaban.

Comeza a investigación no Congreso sobre a caída do Banco Popular e a venda ao Santander

A comisión que investiga no Congreso a crise financeira, o rescate bancario e a quebra das caixas de aforro comeza este martes para investigar a caída do Banco Popular en xuño de 2017, intervido e finalmente vendido por un euro ao Santander en xuño de 2017


As contas de Banco Popular estaban maquilladas desde 2012 como mínimo

Avogados abren outra vía de actuación contra os antigos xestores do Popular, ao denunciar que as contas da entidade non reflectían a imaxe fiel do banco desde polo menos 2012 ou mesmo desde 2009.

​Un terzo dos depósitos retirados do Popular foron de institucións públicas

Os dous meses previos á resolución do banco, perdeu máis de 14.000 millóns.

​O Goberno responde con evasivas sobre os seus movementos os días antes da venda do Popular

IU denuncia que oculta información sobre as empresas públicas que retiraron fondos do banco ao bordo da súa resolución.

A Comisión Nacional do Mercado de Valores multa ao Banco Popular con 500.000 euros

O mal funcionamento do seu servizo de atención ao cliente durante máis de dous anos é a causa da sanción. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE