Clientes ricos do Banco Pastor tiveron información privilexiada para saírse a tempo, din peritos segundo ADICAE
Do Banco Popular, matriz do Banco Pastor, algúns clientes puideron marcharse antes de que fose intervido e vendido ao Santander por 1 euro, segundo a interpretación que fai unha asociación de usuarios do informe remitido polo Banco de España aos xulgados
Adicae afirmou que o informe pericial dos inspectores do Banco de España sobre a resolución de Banco Popular corrobora a tese das súas querelas, que de fienden que nin o folleto nin a ampliación de capital de maio de 2016 reflectían a realidade contable do Banco Popular.
Unha pasada protesta de traballadores do Banco Pastor
Segundo defende a asociación, que representa a 934 persoas no proceso, a entidade debuxaba entón un escenario de futuro para os accionistas "pouco realista", ademais de "deixar constancia das irregularidades contables nas que incorría o banco moito antes mesmo desa ampliación de capital", que, como lembran os peritos "foi unha decisión polémica" porque non se dispuxo de información suficiente para avaliala.
ALGÚNS SE MARCHARON ANTES
Neste sentido, Adicae cre que o informe pericial deixa en evidencia que houbo información privilexiada cando asegura que as "saídas de abril a xuño foran superiores aos 16.000 millóns, concentrados naqueles depósitos non cubertos polo Fondo de Garantía de Depósitos, e que son os que a normativa de resolución considera aptos para asumir perdas".
Ademais da perda de confianza na entidade, Adicae quixo resaltar que a JUR foi o impulsor dos movementos do 23 e 31 de maio.
Escribe o teu comentario