Incerteza sobre o futuro do Pastor e o seu persoal tras a compra do Popular

|

Bancopastorsucursalhoriz


Tras a absorción do Popular por parte do Banco Santander, ábrese un interrogante sobre a situación do Pastor en Galicia e dos seus empregados. Nun comunicado emitido por Executivas de Galicia, María Bastida --profesora de Relacións Laborais da USC-- recoñece aínda descoñécese o impacto que a operación vai ter na estrutura e o emprego da entidade. ?Cabe esperar que, entre os requisitos, haxa algún relacionado co persoal da entidade, aínda que o anuncio do recorte dunha terceira parte de custos do Popular suxire, cando menos, unha revisión de estrutura e eliminación de duplicidades?.


Ao seu xuízo os traballadores enfróntanse a ?unha etapa de incerteza que pode ter custos ante todo (e sobre todo) psicolóxicos, senón en termos de saúde. A parte positiva é que a situación mellora a etapa precedente, así como o mensaxe tranquilizador que lanzou o novo equipo directivo. Se o barco segue á boia, sempre é máis fácil manterse a bordo.


Con todo, o conselleiro delegado de Santander, José Antonio Álvarez, afirmou que o persoal de Popular "vai ter continuidade" tras a absorción da entidade por parte de Santander, e apuntou que o impacto que a operación terá sobre as contas do segundo trimestre será "menor".


"O persoal do Popular, como non, vai ter continuidade. Son magníficos profesionais que seguen tendo que atender aos catro millóns de clientes, porque durante un tempo a integración operativa non estará realizada", sinalou o segundo executivo de Santander en declaracións aos medios previas á súa intervención no Encontro Bancario Iberoamericano, organizado pola Asociación Española de Banca (AEB).


O catedrático de Economía Aplicada da USC, Luís Caramés considera que "Danièle Nouy, presidenta do Mecanismo Ùnico de Resolución (MUS) da Unión dixo que o Banco Popular había chegado ata aquí e mandou parar. A cotización das súas accións caera ao redor dun 60 por cento nun mes. E agora o que ha de poñer en práctica este plan de resolución ha de ser o FROB". 


O profesor Caramés lembra que xa non hai fondos públicos para o rescate. "En aras do interese xeral non se liquidou o banco, así que os depositantes quedan protexidos e a conta recae sobre accionistas e os que deteñen bonos subordinados". A pesar de ocupar case un 20% do mercado das Pemes, o Popular, indica o profesor Caramés, acumulara moito activo inmobiliario "tóxico". 


Ao final o Banco Popular "vale" moito menos que os millóns inxectados na última ampliación. "A desconfianza, grave enfermidade en economía e finanzas, entrou no banco como o caruncho. Quizá haxa máis cousas, pero sobre elas sempre se estende un veo tupido", engade Luís Carames.

relacionada Santander e BBVA foron as únicas entidades que concorreron á poxa do Popular
relacionada Preocupación polo futuro da Fundación Barrié tras a caída do Popular
relacionada Santander convértese na segunda maior entidade galega tras adquirir o Popular

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress