A platagorma Victimas do tren Alvia de Santiago de Compostela'
Debido ao elevado número de partes da vista, a Xunta de Galicia habilitou a Cidade da Cultura para a celebración do xuízo
"O señor Ábalos é especialista en inventar escusas cando se atopa en problemas. As peticións galegas son claras, están recollidas por escrito e non figura un AVE con sistema ASFA en ningunha delas" , reacciona inmediatamente o Goberno Galego ás duras acusacións do ministro, que chegou a relacionar as supostas présas de Feijóo co accidente do Alvia en Angrois, onde non estaba implementado o sistema de mellor seguridade que si tendra os novos tramos.
"Contentos de que se investiguen todos os feitos porque queremos saber toda a verdade" valoran desde a plataforma de vítimas de Angrois. A Xustiza dita a reapertura da causa para "que se investiguen todos os feitos", en concreto tras a denuncia dun extrabajador de Talgo que asegura que responsables da empresa ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren transcorridos escasos minutos do sinistro.
O xuízo pola traxedia de Angrois, onde só están imputados o maquinista e un cargo de ADIF, podería dar un envorco se a Xustiza ve crible, como parece tras a decisión da Fiscalía hoxe, a sorprendente confesión dun ex-traballador de Talgo
A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia que deixou 80 mortos en xullo de 2013 en Angrois (Santiago) pedíronlle por escrito unha reunión ao presidente do Goberno en funcións, o socialista Pedro Sánchez.
Para o sexto aniversario da traxedia, que se cumprirá esta semana, a Plataforma Vítimas Alvia 04155 publicou un vídeo no que insisten en que a demanda de Xustiza.
O vindeiro mércores 24 de xullo cúmprense seis anos do accidente ferroviario que supuxo a morte de 80 persoas e que deixou a 144 feridos no barrio compostelán de Angrois, ao descarrilar un tren Alvia que circulaba cun exceso de velocidade por un descoido do maquinista nunha liña que non dispoñía dunha adecuada análise de riscos no seu tramo final, onde aparece a primeira curva tras un traxecto case rectilíneo desde Ourense.
Até os rivais políticos adoitan recoñecer o traballo de Ana Miranda (Cuntis, 1971) en Bruxelas a prol dos intereses galegos. A reprimenda da UE a España por non investigar ven o accidente de Angrois é se cadra o exemplo máis coñecido. A eurodeputada do BNG sabe deste recoñecemento e, nesta entrevista en Galiciapress, confía en que sirva para alcanzar a cuarta acta para Agora Repúblicas, e así a acta de deputada fixa para toda a lexislatura. Os detalles do pacto do Bloque con ERC e Bildu, as enquisas e o avance da ultradereita son outros dos temas desta conversa.
Quen outrora fose gran referente do PSdeG queda fóra da listas ao Parlamento Europeo, internamente lastrado pola súa falta de sintonía co sanchismo e electoralmente tocado polas sospeitas sobre o accidente do Alvia en Angrois.
Mentres, un grupo de vítimas protestaba na porta da Cámara. A Plataforma que as agrupa temen un pacto de PP e PSOE para dar carpetazo en falso ao caso, librando de toda responsabilidade a Ana Pastor e José Blanco.
As demandas que as victimas de Angrois presentaron á Eurocámara motivaron que a Comisión Europea considere que os procedementos de control da seguridade ferroviaria españois "non cumpren os requisitos" da normativa comunitaria.
Satisfeitas, por unha banda e insatisfeitas por outra. Así valoran as vítimas do Alvia o auto "de mínimos" do peche de instrución da traxedia da curva de Angrois.
O maxistrado acorda que o procedemento se siga contra o condutor do tren e o director de Seguridade na Circulación de ADIF no momento de posta en funcionamento da liña
Ábalos remítese ao desmentido do expresidente deste órgano, que "di non dicir" que Pastor impediu reabrir os traballos.