Se o TXG dá a razón á multinacional, apagará as cubas. o que implicaría na práctica facer inviable -ou polo menos moito máis custosa- calquera reactivación. Os traballadores meten presións a Xunta e Goberno. Tanto o PSOE como o PP dan luz verde a unha posible nacionalización da industra, algo nunca visto na historia recente de Españ, pero por agora o Estado non move ficha.
A multinacional aplica o despedimento colectivo a pesar de que hoxe mesmo a Administración advertiulle que violou as normas que rexen as negociacións de Es tras rexeitar unha oferta do Estado. O asunto acabará moi probablemente nos tribunais, pois a polémica nacionalización da fábrica é, agora mesmo, a única solución factible para salvala.
Esgotada a vía para a venda da planta de Cervo a Liberty House ou á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), o futuro dos máis de medio milleiro de postos de emprego na planta de San Cibrao seguen en mans de Alcoa, que volve falar de despedimento colectivo e pon como data leste mesmo martes para aplicalo.
Os ingleses queren que os americanos se comprometan a facilitarlles materia prima a un determinado prezo durante 20 anos. Alcoa non está polo labor e parece complicado que ceda a poucas horas de que acabe o seu ultimato. Mentres, os traballadores da fábrica, que supón un terzo do PIB provincial, seguen mobilizándose á desesperada.
Os traballadores de Alcoa San Cibrao encerráronse nos concellos de Xove e Viveiro este sábado, a 48 horas da convocatoria da última mesa negociadora, que terá lugar o luns ás 12,00 horas no Pazo de Cea de Nigrán (Pontevedra).