Alcoa despide a 524 empregados e para as cubas un día despois de recibir 900.000€ de subvención


A multinacional aplica o despedimento colectivo a pesar de que hoxe mesmo a Administración advertiulle que violou as normas que rexen as negociacións de Es tras rexeitar unha oferta do Estado. O asunto acabará moi probablemente nos tribunais, pois a polémica nacionalización da fábrica é, agora mesmo, a única solución factible para salvala. 


|

A multinacional aplica o despedimento colectivo a pesar de que hoxe mesmo a Administración advertiulle que violou as normas que rexen as negociacións de ERES tras rexeitar unha oferta do Estado. O asunto acabará moi probablemente nos tribunais, pois a polémica nacionalización da fábrica é, agora mesmo, a única solución factible para salvala. 


Representantes do comité de empresa de Alcoa ás portas do Pazo de Cea, antes da celebración dunha mesa de negociación convocada pola compañía, en Nigrán, Pontevedra, Galicia (España

Representantes do comité de empresa de Alcoa ás portas do Pazo de Cea, antes da celebración da última mesa de negociación convocada pola compañía, en Nigrán, Pontevedra, Galicia a finais de setembro


Este anuncio, a través dun comunicado de prensa, prodúcese a catro días de que terminase o prazo de 15 días que se deu tras fracasar as negociacións para a venda da factoría e tamén despois de que as conversacións co comité de empresa para o expediente de regulación non chegasen a ningún acordo.


Prodúcese tamén un día despois de que o Ministerio de Industria publicase no BOE unha resolución de axudas en compensación de custos de emisións indirectas.  Entre os beneficiarios da convocatoria de 2019 está a planta de San Cibrao, que desde onte ten dereito a 900.000 euros públicos. 

XUNTA E ESTADO SEGUEN FACENDO UNHA FRONTE COMÚN
Xusto este venres, a autoridade laboral ha enviado unha advertencia á empresa na que lle recrimina infrinxir o deber de boa fe contractual durante a negociación deste despedimento colectivo.

A xefatura territorial da Consellería de Emprego en Lugo foi a que remitiu o aviso á compañía este venres, a catro días de que termine ese tope de 15 días que se deu a firma (remitindo ao prazo legal) para a aplicación do expediente de regulación, que afectaría a máis de medio centenar de traballadores da factoría de aluminio da Mariña.


A PARADA DAS CUBAS É UN GOLPE DURÍSIMO

O anuncio da parada das cubas resulta especialmente significativo. Estes fornos consomen unha enorme cantidade de enerxía. Ao apagalos, volver acendelos supoñería un enorme investimento, tanto en electricidade como en mantemento. 


En definitiva, a parada encarece e dificulta moitísimo a entrada de calquera outro patrón, xa sexa o Estado ou unha empresa privada. Está por ver que fan os operarios, que sempre advertiron que xamais permitirían a parada das cubas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE