Dimite un cargo de ANOVA tras acusalo unha compañeira de propasarse

Un ex-cargo de ANOVA, o principal partido nacionalista de En Marea, é o protagonista de acusacións de abuso vertidas nas redes por unha moza. Brais Borrajo dimitiu do seu cargo de Responsable de Rebelión Cívica e abandonou a militancia do partido, segundo confirma ANOVA a Galiciapress.


|


Un ex-cargo de ANOVA, o principal partido nacionalista de En Marea, é o protagonista de acusacións de abuso vertidas nas redes por unha moza. B.B. dimitiu do seu cargo de Responsable de Rebelión Cívica e abandonou a militancia do partido, segundo confirma ANOVA a Galiciapress.



A polémica empezou cando unha compañeira militante de ANOVA, ao fío da campaña #metoo, relatou en Twitter usando o hastag #cuentalo, que busca visibilizar casos de abuso contra as mulleres. Portavoces oficiais de ANOVA confirmaron este venres a Galiciapress que a denunciante tamén é militante do partido e que hai unha investigación en marcha, para a cal non poden estimar data de finalización, pois están en proceso de solicitar a versión das partes implicadas. 


A denunciante militaba tamén en Xeira, organización xuvenil próxima á FPG, partido integrado en ANOVA. O denunciado foi secretario desta organización xuvenil nacionalista. Xeira reaccionou cun comunicado en que denuncia "a instrumentalización política deste caso que se fixo por parte de certos sectores con intereses alleos á causa feminista". 


Galiciapress tentou poñerse en contacto con B.B. para contar a súa versión dos feitos, sen obter resposta por agora. Algúns internautas acusáronlle de borrar as súas fotos da Rede, pero o certo é que as súas redes sociais permanecen activas, aínda que con acceso restrinxido.


A TVG  faise eco dunha entrada, supostamente do acusado, no que defende que non cometeu ningún delito e denuncia "atentados contra a privacidade, ameazas, coaciones e/ou difusión de datos". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE