Alcoa

Libres pero con medidas cautelares directivos de Riesgo e System Capital tras os rexistros en Alu Ibérica
Aos catro, investigados pola despatrimonialización fraudulenta das plantas da Coruña e Avilés, retíraselles o pasaporte
Alcoa e Goberno fixan o 30 de abril como data límite para a venda da planta en San Cibrao
Unha vez teña o control, a SEPI venderá a factoría a Liberty House, que "segue interesada" en facerse con ela
O acordo para a venda de Alcoa San Cibrao está moi encarrilado, sostén o comité de empresa
O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, asegurou hoxe que o 'transit' ou "acordo xeral" sobre a venda da factoría de San Cibrao, no municipio de Cervo, está xa "moi perfilado".
Un mes de folga na planta de de Alu Ibérica para esixir a readmisión dunha empregada
Traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña cumpren 31 días en folga para esixir a readmisión dunha compañeira e a "intervención" da fábrica nunha nova xornada de protesta, segundo informa o comité de empresa.
Fin á folga en Alcoa San Cibrao, por agora, para negociar a ansiada venda da fábrica ao Estado

A incansable loita dos traballadores obriga á multinacional para sentar de novo a negociar ao venda da planta. O plan agora é que a compre a sociedade pública SEPI para despois, no seu caso, trasladala ao xigante industrial Liberty House.

Fin á folga en Alcoa San Cibrao, por agora, para negociar a ansiada venda da fábrica ao Estado

A incansable loita dos traballadores obriga á multinacional para sentar de novo a negociar ao venda da planta. O plan agora é que a compre a sociedade pública SEPI para despois, no seu caso, trasladala ao xigante industrial Liberty House.

Fumata branca en Alcoa San Cibrao? Acordo para suspender a folga e negociar a venda da planta
O comité de empresa e a dirección de Alcoa chegaron a un acordo para que o primeiro suspenda a folga que mantén desde outubro e a segunda inicie a negociación da venda da fábrica de San Cibrao (Cervo, Lugo) á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).
Negociacións enquistadas para lograr a venda de Alcoa San Cibrao tras unha reunión de apenas dez minutos
As negociacións entre o comité e a dirección de Alcoa para avanzar cara á venda da fábrica de Cervo (Lugo) seguen bloqueadas despois da reunión mantida este venres, que apenas durou uns 10 minutos.
Novo intento este luns tras fracasar o primeiro achegamento entre as partes para a venda de Alcoa San Cibrao
O comité de empresa de Alcoa da planta de Cervo (Lugo) informou de que convocou á dirección da firma para celebrar o vindeiro luns día 11 de xaneiro un novo encontro tras o fracaso da reunión que tivo lugar esta semana para tratar de avanzar nas negociacións da venda da fábrica. Remarca que, polo momento, a data deste novo encontro está, en todo caso, sen confirmar.
Os traballadores da planta de San Cibrao cren que a solución chegará "pronto" pero son cautelosos con Alcoa
O comité de empresa de Alcoa en Cervo (Lugo) cre que a solución para a planta da Mariña chegará "moi pronto", pero avoga por manter un "optimismo moderado" ata que estea plasmada "por escrito".
Alcoa traslada aos empregados a súa disposición de vender a planta de Cervo á SEPI
Alcoa trasladou aos traballadores da planta de Cervo (Lugo) que está disposta a "explorar de novo" a venda á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).
A folga en Alcoa San Cibrao só levantarase se a empresa senta en negociar
O comité de Alcoa San Cibrao urxe á compañía a que sente a negociar unha solución a cambio de suspender a folga indefinida que afecta a este centro produtivo da Mariña (Lugo) desde outubro.
A mesa multilateral que decidirá o futuro de Alcoa San Cibrao celebrarase este luns
O secretario xeral de Industria do Goberno central, Raúl Blanco, convocou "con carácter de urxencia" para o vindeiro luns unha reunión da mesa multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa San Cibrao en Cervo (Lugo).
O TSXG anula o ERE de Alcoa ao quedar probada a "mala fe" da empresa ao negociar

O PP de Galicia e o PSdeG seguen unidos na demanda de sentar de novo á multinacional á mesa para salvar a economía da Mariña e a da provincia de Lugo. A compañía, pola súa banda, insiste en que a planta de aluminio non é viable.

O Goberno de España anuncia a aprobación do estatuto electrointensivo para antes de final de ano
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este xoves ante o Congreso que o seu departamento lanzou esta mañá a manifestación de interese para recibir propostas para grandes proxectos industriais e que aprobará antes de final de ano o novo estatuto para as grandes industrias electrointensivas.
Empregados de Alcoa San Cibrao prometen manter as súas protestas ata lograr unha solución
Os traballadores de Alcoa San Cibrao en folga indefinida manterán as súas protestas, como unha acampada á entrada da planta de Cervo (Lugo), ata que haxa "unha solución clara".
O comité de empresa cre que a Xustiza conta con "argumentos" para tombar o ERE de Alcoa
Zan espera que o fallo do tribunal abra "unha nova vía" e que a multinacional "sente a negociar" con Xunta e Goberno central
Contactos recentes para a venda de Alcoa San Cibrao, desvela un Feijóo que segue presionando aos americanos

O líder do PPdeG insiste en que non contempla outra opción de que a factoría siga en marcha. Unha clara mensaxe de que o Partido Popular mantense do bando dos que piden a nacionalización se Alcoa segue sen vender.

Alcoa alega que o ERE é "necesario" e recorre o fallo do TSXG que lle impide parar as cubas
Defende que o despedimento colectivo é "necesario" pois a planta é "pouco competitiva" e que actuou "de boa fe" e "conforme" ás normas
Unha manifestación "como poucas se viron en Lugo" para defender o emprego en Aloca San Cibrao

"Foi unha manifestación como poucas se viron en Lugo", asegurou a Europa Press o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE