O comité de empresa cre que a Xustiza conta con "argumentos" para tombar o ERE de Alcoa

Zan espera que o fallo do tribunal abra "unha nova vía" e que a multinacional "sente a negociar" con Xunta e Goberno central

|

Desde o comité de empresa de Alcoa San Cibrao recalcan que chegará ata as últimas instancias para evitar o peche da planta de Cervo.


Con todo, confían en que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia baste para a apertura de novas negociaicones entre a empresa, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.


Un traballador levanta o brazo como signo de protesta durante un velorio nocturno simbólico convocado pola fábrica de Alcoa, en en  San Cibrao, A Mariña, Lugo, Galicia (España), ao 28 de novembro de 2020. A concentración prodúcese como signo de prot


O presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo), José Antonio Zan, manifestou a súa confianza con que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tombe o ERE presentado pola multinacional: "Por sorte temos argumentos dabondo para que se declare nulo".

En concreto, será este xoves, 3 de decembro, cando o alto tribunal galego decidirá se acepta os argumentos da empresa para resolver favorablemente este ERE que afecta a máis de 500 traballadores ou se, pola contra, dita a invalidación do mesmo.

"Esperamos que se declare a nulidade e esperamos que isto abra unha nova vía e que Alcoa desista das súas intencións de despedir a 1.000 persoas e devolver unha comarca a 1970, e sente negociar co Goberno e a Xunta a saída a esta problemática", expresou Zan.

O presidente do comité de empresa deduce que o fallo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia "vai ser non só determinante para o futuro de Alcoa, senón para o futuro de toda a Mariña lucense".

"Estamos en mans duns xuíces que van ter que decidir sobre o futuro de toda a comarca. Por sorte temos argumentos dabondo para que se declare nulo o ERE e temos a razón porque no últimos tres anos temos o mellor prezo da enerxía", insistiu o sindicalista de CC.OO.


"NON TEN PERDAS"

Neste contexto, Zan volveu a puntualizar que a factoría de San Cibrao non presenta "perdas", o cal botaría por terra as intencións da dirección da compañía americana.

"Agora mesmo non ten perdas. Noutros lugares do mundo están a empezar a arrincar plantas. En Noruega puxeron a andar unha fábrica que levaba 10 anos parada, co cal agora mesmo é unha escusa bastante barata e unha bobada", ha reflexiondo.

Finalmente, o presidente do comité de empresa de San Cibrao afirmou, sen ningún xénero de dúbida, que "as plantas de aluminio e de alúmina son máis que competitivas nun período de incerteza, e agora mesmo que o período é de bonanza aínda son máis competitivas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE