Alcoa San Cibrao pechou febreiro con beneficios, pero a negociación para a súa venda segue estancada, denuncia o comité

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, asegurou que a factoría de San Cibrao (Cervo) "gañou diñeiro" no mes de febreiro.

|

As negociacións para a venda da factoría de Cervo parecen paralizadas desde hai semanas e o comité pide reunións para axilizar a venda.


Mentres, o propio comité informa de que a planta "gañou diñeiro" o pasado mes, aínda que descoñecen a cantidade dos beneficios. 


O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, intervén nunha rolda de prensa convocada ante os medios en San Cibrao, en Cervo, Lugo, Galicia, (España), ao 9 de novembro de 2020. Na in

José Antonio Zan | Foto: EP


O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, asegurou que a factoría de San Cibrao (Cervo) "gañou diñeiro" no mes de febreiro.


Zan destacou que a planta da Mariña "está con números positivos", aínda que puntualiza que "non" saben o que "se está gañando". "Sabemos que Alcoa en febreiro gañou diñeiro", apostilou.


Así mesmo, no comité de empresa pide á SEPI que axilice a compra da factoría de San Cibrao e "convoque reunións para chegar a un acordo". "Porque canto antes teñamos unha solución mellor para todos", abundou.


En canto ás negociacións, Zan ha insisido en que descoñece "se hai novidades ou non", para sinalar que a multinacional "ten de prazo ata o vindeiro luns para ofrecer información que ten comprometida tras o acordo".

"Esperamos que o SEPI estea a avanzar no acordo xeral, para chegar ao principio de acordo e darlle para diante. Está a demorarse por cuestións do día a día que xorden con respecto a esta problemática. Esperamos ter deica pouco a solución encima da mesa", incidiu.

En canto á "solvencia" de Liberty, o grupo británico disposto a comprala a través da SEPI e tras informacións que poñen en dúbida dita solvencia do banco que financia a Liberty, José Antonio Zan volveu a insistir en que "quen compra é a SEPI, e por iso pedímoslle que axilice a compra".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE