Contactos recentes para a venda de Alcoa San Cibrao, desvela un Feijóo que segue presionando aos americanos

O líder do PPdeG insiste en que non contempla outra opción de que a factoría siga en marcha. Unha clara mensaxe de que o Partido Popular mantense do bando dos que piden a nacionalización se Alcoa segue sen vender.


|

O líder do PPdeG insiste en que non contempla outra opción de que a factoría siga en marcha. Unha clara mensaxe de que o Partido Popular mantense do bando dos que piden a nacionalización se Alcoa segue sen vender.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recalcou este luns en Lugo que confía en que Alcoa "actúe de boa fe" para proceder á venda da factoría en San Cibrao, Cervo, á vez que lanzou un aviso: "Non contemplamos ningunha posibilidade que non sexa manter aberta" a planta.



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai declaracións tras visitar unha empresa en Lugo.

Non en balde, lembrou que "o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) é moi claro e acredita que pechar as cubas podería supoñer o peche definitivo e a disolución da compañía". Ao tempo, sinalou que en decembro se coñecerá a sentenza sobre o ERE e suxeriu que "ese fallo vai ser clave" no futuro da planta mariñá.

"Nós esperamos de Alcoa que actúe con coherencia, de acordo co auto do Tribunal Superior; que actúe de boa fe para poder transferir a propiedade a unha compañía que estea disposta a xestionala e o Goberno central e a Xunta traballamos nese escenario", recalcou.

Tamén confirmou "contactos" coa multinacional. "Estamos a manter contactos con Alcoa, o certo é que Goberno, comité de empresa e Xunta tivemos un contacto a pasada semana", relatou, para insistir en que, "se a alguén non lle interesa un negocio, o mellor é que pase a substitución a outros que lles interesa ese negocio para manter os postos de traballo".

"TRANSICIÓN"
Finalmente, o presidente galego reafirmouse en que "non se contempla ningunha posibilidade que non sexa manter aberta" a planta da Mariña para "producir aluminio primario", e para iso "estase acometendo unha transición pacífica para Alcoa e para o comprador futuro desa factoría".

"España necesita aluminio primario e onde se fai é na Mariña lucense", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE