Alcoa traslada aos empregados a súa disposición de vender a planta de Cervo á SEPI

Alcoa trasladou aos traballadores da planta de Cervo (Lugo) que está disposta a "explorar de novo" a venda á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).

|

Tras varios meses de protestas e varapaljos xudiciais que mesmo tiraron por terra o ERE de Alcoa, agora a multinacional estadounidense ábrese a vender a planta lucense. 


Esta mesma mañá o comité de empresa recoñeceu que a única vía para levantar a folga era que a compaía sentase a negociar a venda da planta, algo que agora podería estar máis preto que nunca. 


Protesta de traballadores de Alcoa


Alcoa trasladou aos traballadores da planta de Cervo (Lugo) que está disposta a "explorar de novo" a venda á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI) se termina a folga indefinida que dura xa uns tres meses.

Así consta nunha comunicación aos empregados do presidente da multinacional en España, Álvaro Dourado, quen sinala como obxectivo "atopar unha solución" á factoría da Mariña.

Este luns a compañía comunicou ao comité de empresa que "está disposta a explorar de novo a súa venda á SEPI, tal e como o Goberno e os representantes dos traballadores viñeron demandando, na medida en que a folga se dea por terminada e o proceso poida desenvolverse nun ambiente de normalidade e paz social".

Por iso, convocará ao comité a unha reunión este xoves 7 de xaneiro. "Alcoa, como sempre, continúa aberta ao diálogo tanto cos representantes dos traballadores como cos representantes institucionais, e mantén o seu compromiso de asegurar o mellor resultado posible para os seus traballadores", asegura.

Fuentes da empresa sinalaron a Europa Press que esta disposición para dialogar está supeditada a que a operación se negocie "en termos comerciais razoables de venda dentro deste sector".


DECISIÓNS XUDICIAIS

As decisións xudiciais en contra da empresa e a favor das demandas de sindicatos e comité marcaron os últimos meses no conflito aberto pola intención da multinacional de pechar a fábrica de aluminio.

Así, primeiro a xustiza adoptou como medida cautelar a imposibilidade de que Alcoa parase a cuba e logo declarou nulo o despedimento colectivo para máis de medio milleiro de traballadores. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE