Un mes de folga na planta de de Alu Ibérica para esixir a readmisión dunha empregada
Nova xornada de folga e protestas en Alu Ibérica, e xa van 31. A planta herculina cumpre un mes en folga sen perspectivas inmediatas do cesamento da mesma.
Os traballadores solicitan a intervención da factoría e a readmisión dunha compañeira, un dos detonantes da folga.
Traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña cumpren 31 días en folga para esixir a readmisión dunha compañeira e a "intervención" da fábrica nunha nova xornada de protesta, segundo informa o comité de empresa.
A folga comezou o pasado 26 de decembro tras o despedimento, o pasado día 17, dunha traballadora, da que esixen a súa readmisión. Por outra banda, denuncian que por parte do Grupo Risco "non se pagou aínda a nómina de decembro".
"Nin as achegas ao plan de pensións dos meses de novembro e decembro", apostilaron desde o comité de empresa, que esixen tamén a Goberno e Xunta a "intervención" da planta.
Por outra banda, fontes do comité de empresa confirmaron que este martes pola tarde haberá unha nova reunión entre as partes, tras a intevervención da mediación da Xunta.
Escribe o teu comentario