As protestas de Alcoa cortan o tráfico entre Galicia e Asturias en defensa do emprego na planta de San Cibrao

Traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo), cortaron este xoves o tráfico con barricadas na autovía A-8, que conecta Galicia con Asturias, á altura da ponte de Vos Santos, en Ribadeo, para reivindicar futuro para a fábrica da Mariña.

|

Traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo), cortaron este xoves o tráfico con barricadas na autovía A-8, que conecta Galicia con Asturias, á altura da ponte de Vos Santos, en Ribadeo, para reivindicar futuro para a fábrica da Mariña.


Protesta de traballadores de Alcoa


En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, valorou o contar con "bastante apoio" teniendo en cuenta que esta nova mobilización produciuse en día laboral.

En concreto, este xoves contaron co respaldo de traballadores de Aludium en Amorebieta e Alacante, co obxectivo de evidenciar que as empresas que producen aluminio primario "son moi importantes" para as que o transforman.

Zan cifra en 600 as persoas que participaron nesta protesta, no medio das negociacións entre Alcoa e Liberty para a venda da fábrica. "Seguimos esperando a ver se hai un acordo xeral", resaltou, en vésperas dunha nova reunión da mesa de seguimento na que esperan que Xunta e Goberno central medien para que a venda sexa "un éxito".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE