A empresa alega que non pode negociar baixo ameazas e manda dar a volta ao vehículo que levaba aos seus representantes á reunión para pechar o ERE. Os traballadores acusan á multinacional de non querer pechar a venda da empresa. O Goberno pídelles calma e prudencia, pero mañá hai unha protesta fronte ao Parlamento, en Santiago.
Se o Estado pretende nacionalizar Alcoa para salvala, mellor que o faga xa hoxe que mañá, di o presidente. Todo un xiro na postura do PPdeG, moi reacion ata o de agora a valorar se queira un rescate da factoría que implicase que o Estado toma o control. Un dos motivos do cambio de postura parecen ser "contactos" con empresas que estarían interesadas en facerse coa planta de San Cibrao.
Mentres tanto, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu a Alcoa que reconsidere a súa decisión de despedir a 534 traballadores da súa planta de San Cibrao, en Lugo, e que ofreza unha resposta distinta capaz de manter as capacidades produtivas na comarca, sobre todo despois de recibir "unha cantidade de millóns de axudas" por parte do sector público nos últimos anos.