Sen solución inmediata para Alcoa San Cibrao os traballadores anuncian novas mobilizacións na Mariña

Os traballadores de Alcoa San Cibrao van seguir " apertando" con mobilizacións ata conseguir unha solución para a planta da Mariña.

|

Os traballadores de Alcoa San Cibrao van seguir " apertando" con mobilizacións ata conseguir unha solución para a planta da Mariña.


Traballadores de Alcoa concéntranse en apoio ao comité de empresa da planta de San Cibrao momentos antes da súa reunión coa dirección de Alcoa España para negociar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) antes do prazo previsto para executar o
Na tarde deste luns, os traballadores celebraron unha asemblea ante os locais do comité de empresa na planta da Mariña, na que se explicou "a problemática de toda a negociación", aínda que "houbo unanimidade en todas as posturas".

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, avanza que van seguir " con mobilizacións e na rúa" nestas seis semanas de prazo abertas para que Alcoa negocie con Liberty House a venda da factoría de aluminio de San Cibrao, mentres se estenden ata o 28 de setembro as consultas do ERE.

"Sabemos que imos ter que seguir apertando para conseguir que ao final leve a cabo esa venda", explicou Zan. Por iso, demanda que "as administracións se envorquen e obriguen a Alcoa a que, dunha vez por todas, desista da súa actitude de peche".

Resalta que a proposta de compra de Liberty House tamén inclúe a posta en marcha dunha planta de coxeración coa que producir electricidade 'verde' para facer aluminio, o que "crearía 1.000 postos de traballo durante os dous próximos anos", ademais de manter os existentes.

Por todo iso, esixe a Alcoa que, "ou ben poña encima da mesa un plan de viabilidade a longo prazo, ou deixe a outro" apostar polo futuro da planta. De momento, os traballadores non teñen constancia de como evolucionan os contactos entre a multinacional estadounidense e Liberty House.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE