A negociació entre Alcoa e Liberty e o futuro de Alu Ibérica na Coruña depende do Goberno de España, asegura a Xunta
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, repasou a situación na que se atopan a planta de Alcoa en San Cibrao, a planta de Alu Ibérica na Coruña e a central térmica das Pontes.
Desde a Xunta urxen ao Goberno de España a fixar un prezo eléctrico competitivo para dar solución aos problemas da antiga planta de Alcoa na Coruña e ás negociaicones da firma nortearmericana con Liberty House.
O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, considerou "salvables" todos os elemetnos na negociación entre Alcoa e Liberty House para a venda da planta de San Cibrao, aínda que instou tamén ao Goberno para fixar un prezo eléctrico "competitivo".
Fíxoo, a preguntas dos xornalistas coincidindo cunha reunión coa Asociación de Novos Empresarios, e en referencia tamén á planta de Alu Ibérica da Coruña, cuxo futuro vinculou cun marco enerxético estable.
No caso da planta de Alcoa de San Cibrao, mostrouse confiado en que Alcoa e Liberty House poidan chegar a un acordo e asegurou que a Xunta traballa "para identificar ese punto de entendemento".
Con todo, dixo que se necesita que o Goberno "poida concretar cales son os incentivos desde o punto de vista eléctrico que vai ter Liberty mentres non se desenvolven os proxectos de renovables que permitirían ese prezo máis competitivo".
O conselleiro e vicepresidente segundo da Xunta insistiu en que, no actual contexto de pandemia, nin Galicia nin España pódense "permitir" non dar "unha solución á industria" polo que recalcou que todos os esforzos deben estar orientados "a garantir a continuidade dos postos de traballo".
Neste obxectivo, dixo que o compromiso da Xunta é manter as axudas a tráves de préstamos participativos e facilitando os trámites administrativos.
ALU IBÉRICA
Preguntado pola situación da planta de Alu Ibérica na Coruña, remarcou que o Goberno debe dar "unha resposta en termos de prezo eléctrico competitivo". "O seu futuro --engadiu sobre a facotría coruñesa-- vinculouse a ese prezo eléctrico", lembrou.
A iso, sumou a demanda de que haxa unha auditoría desde punto de vista técnico e financeiro para "garantir" que tanto Parter como o grupo Risco acometeron "os compromisos adquiridos no proceso de compra". "Que constate que todos os fondos que Alcoa puxo a disposición están a aplicarse aos fins establecidos", resumiu.
CENTRAL DAS PONTES
En canto á central das Pontes, apelou á procura dunha "oportunidade" en termos de transición enerxética a través das probas con biocombustibles e a súa viabilidade en termos ambientais e técnicos.
"Esa viabilidade é a que tentamos desenvolver a través destas probas e logo haberá que ver a viabilidade económica". "Se a hai Endesa debe sumarse xunto ao Goberno, a Xunta e os traballadores para dar unha resposta en termos de transición enerxética xusta", sentenciou.
Sobre o uso dos xurros, dixo que é outro dos "obxectivos" da Xunta e avanzou que se optará a fondos europeosa través dun proxecto de economía circular "que consiste na valoración dos xurros a través da súa transformación en biogás". "Endesa As Pontes ten unha oportunidade neses proxectos e outros", recalcou o conselleiro.
Escribe o teu comentario