Os de Vilalba ameazan con retirar da competición se a Federación Galega de Fútbol non toma medidas contra o rival que emitiu supostamente insultos racistas como "negro de merda" e "sen papeis". Uns insultos que o club de Castro de Rei nega por agora, alegando que o colexiado non os percibiu.