Hugo Mallo queda ás portas da final da Copa Libertadores e de pelexar o seu primeiro título

O de Marín, que saíu do Celta este verán rumbo á súa primeira aventura lonxe de casa, caeu en semifinais co Inter ante o Fluminense de Marcelo.


|

Hugo mallo liberatodres
Hugo Mallo no partido de ida ante Fluminense | Foto: Libertadores

 

Dez minutos fatídicos apartaron a Hugo Mallo de optar a ser o primeiro galego campión de la Copa Libertadores. O seu Internacional de Porto Alegre, equipo que o fichou este verán unha vez venceu o seu contrato co Celta de Vigo, caeu en semifinais do máximo torneo continental en Sudamérica ante o Fluminense dun vello coñecido da liga Española como Marcelo, que se medirá na final ao vencedor do duelo que disputan esta madrugada Palmeiras e Boca Juniors, despois de empatar sen goles na Bombonera.

 

Hugo Mallo e os seus tíñanos todo de face para alcanzar a final. Xogando en casa, cun empate a 2 no partido de ida grazas a un tanto do galego cun sensacional cabezazo, o gol aos dez minutos de Gabriel Mercado -outro ex da nosa Liga, despois de pasar polas filas do Sevilla-, achegaba aos do 'Chacho' Coudet á final, pero os goles de John Kennedy no minuto 81 e de Germán Cano -a gran sensación do fútbol suramericano a pesar dos seus 35 anos- a falta de só tres minutos para o alargue, enterraron as opcións do Inter.

 

 

O de Marín, que se foi a Brasil chamado polo seu ex adestrador e coa esperanza de alzar o primeiro título da súa carreira, terá que seguir pelexando por un trofeo no profesionalismo. O excapitán, un ídolo entre os afeccionados celtiñas, saíu pola porta de atrás este verán a pesar de ser o segundo futbolista que máis veces vestiu a casaca celeste

 

Agora, pugna na súa primeira experiencia no estranxeiro por non descender na liga, onde o Inter marcha só tres puntos por encima dos postos de descenso, pero tamén a un de clasificar para os torneos internacionais. Sen o aliciente da Libertadores, o Inter de Coudet ten que centrar os seus esforzos na competición doméstica, onde Mallo perderase o próximo encontro do Colorado tras ser expulsado ante o Atlético Mineiro de Hulk. Hugo Mallo aínda ten moito que dicir en Brasil. 

 

Hugo mallo
Xogadores do Inter celebran o gol de Mercado | Foto: SC Internacional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE