Sorteo de Copa do Rei: o CD Boiro recibirá en Barraña ao Mallorca; o Celta contra o Turégano de Segovia

O conxunto boirense, que pasou de rolda tras eliminar ao CD Monte en Cantabria, recibirá ao cadro vermellón nos 1/64 de final do torneo do K.O.


|

Cd boiro
Foto: CD Boiro

 

A Copa do Rei comeza a tomar forma coa entrada dos equipos de Primeira División. Despois dunha primeira criba na que se emparellaron conxuntos de divisións rexionais, na próxima rolda de Copa, correspondente aos 1/64 de final, entran xa os equipos da elite, coa excepción daqueles conxuntos que disputarán a próxima edición da Supercopa de España: Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid e Osasuna

 

Nesta rolda hai varios equipos galegos que entran de cheo na pelexa por pasar á seguinte fase, e un deles ten premio gordo. O modesto #CD Boiro, equipo que disputa a Terceira RFEF -o equivalente á quinta división do fútbol nacional-, medirase en casa ao Real Club Deportivo Mallorca

 

As 'Krusadas Boirenses' alentarán en Barraña aos seus nun partido histórico, aínda que non o primeiro do torneo copeiro que se disputa na localidade barbancesa, xa que na tempada 16/17, cando os boirenses alcanzaron a Segunda B, chegaron a xogar contra o #CD Guijuelo no seu feudo, con resultado favorable para os jamoneros. Agora, buscan dar a badalada contra os pupilos de Javier Aguirre, que atravesan un gran momento de forma. 

 

Tamén o sorteou deixou o emparellamento do Real Club Celta de Vigo, que terá que viaxar até Segovia para enfrontar a Turégamo . O modesto equipo castelán e leonés recibirá na súa casa aos celestes, que viven un inicio de campaña complicado e que poderían ter na Copa a súa oportunidade para dar unha gran alegría aos seus afeccionados no ano do centenario celtiña.  

 

OUTROS CRUZAMENTOS

Ademais do Boiro, outro equipo galego con premio de medir a un Primeira é o Arousa SC. A Granada da sensación nacional, Bryan Zaragoza, ou a última gran promesa do fútbol galego, o carrilero Álvaro Ferández, viaxará á Lomba para tratar de superar a un sempre combativo equipo de Vilagarcía. Tamén contra un insular como o Boiro se verá as caras a #SD Compostela, que ten que xogarlla contra o Tenerife, que coquetea co liderado na Segunda División.

 

Fóra de casa terá que xogar o Racing de Ferrol, que viaxará até Marbella aínda que non sexa verán. Os de Parralo, revelación da Segunda División, terá que enfrontar contra os malagueños, que tamén veñen de celebrar un ascenso. Igual que os departamentais o #CD Lugo terá que sacar billetes para Andalucía, máis concretamente un voo a Sevilla para tratar de superar ao Club Atlético Antoniano, da Segunda RFEF. 

 

Máis amable é o desprazamento do Arenteiro, que viaxará até Avila para o choque contra o Real Avilés. Os do Carballiño deron o ano pasado algún susto copeiro eliminando ao Almería e incluo puxo contra as cordas a todo un Atlético de Madrid. Até Asturias tamén viaxará o Deportivo da Coruña, que se desprazará até Oviedo tras cruzar no camiño do #CD Covadonga, que celebrou o sorteo ao ter que enfrontar ante un histórico do fútbol nacional. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE