Galicia fai historia ao intercambiar árbitros de fútbol con Portugal

É a primeira vez no a historia do fundo mundial que árbitros dun país dirixen encuentos dunha competición interna dun estado veciño, segundo destaca a Federación Galega.


|

Adu00e1n Rodru00edguez Delgado, u00d3scar Lista Rivera y Adriu00e1n Gonzu00e1lez Rey
Adán Rodríguez Delgado, , Óscar Lista Rivera e Adrián González

 

 

Un trío arbitral galego será o encargado de arbitrar o duelo deste domingo entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do Porto, tras un acordo de intercambio de colexiados entre a Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Fútbol do Porto "histórico" e "sen precedentes no fútbol mundial".

"A Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Fútbol do Porto, aproveitando a celebración este mércores do Día Internacional do Árbitro de Fútbol, farán realidade este fin de semana un acordo sen precedentes no fútbol mundial. Tres árbitros galegos serán os encargados de inaugurar o proxecto de intercambio de árbitros e árbitros asistente entre Galicia e O Porto", avanzou a entidade nun comunicado.

Os elixidos serán Adán Rodríguez Delgado, como árbitro principal; e Óscar Lista Rivera e Adrián González Rey, como asistentes. O trío arbitral galego será o encargado de dirixir este domingo o encontro entre o FC Maia Lidador e o Vila FC, correspondente a División Elite do Porto e que terá lugar no Estadio Municipal Vieira de Carvalho, a partir das 15.30 horas.

Por esta nova alianza entre ambas as entidades, nos próximos días, un trío de árbitros pertencentes á Asociación de Fútbol do Porto desprazarase até a nosa comunidade para impartir xustiza nun partido de Preferente Galicia.

A entidade que preside Rafael Louzán e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, coa supervisión e aceptación do CTA da Real Federación Española de Fútbol, asinaron recentemente este acordo histórico para o fútbol galego e portugués.

Unha iniciativa que, ademais do intercambio de árbitros, permitirá "incrementar capacidades impulsando novas experiencias e a formación continua destes profesionais para alcanzar a excelencia", segundo o comunicado.

Os equipos arbitrais deste proxecto de intercambio serán masculinos e femininos e, nunha primeira fase, participarán nela ao redor de 70 equipos arbitrais -un total de 200 árbitros, asistentes e cuartos árbitros-.

O protocolo centrarase en as máximas categorías rexionais das dúas federacións. No caso de Galicia, os colexiados portugueses viaxarán para dirixir partidos de Preferente Galega e de Primeira División Galega Feminina Liga Arzúa-Ulloa DOP, mentres que os árbitros galegos dirixirán os partidos das dúas series de División Elite do Porto.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE