Un kat-trick de Griezmann leva ao Celta de Vigo a unha esmagadora derrota

O equipo vigués soubo contenter o xogo aínda que nada puido facer fronte aos tres goles do Atlético de Madrid


|

F8 nSnbXYAAu2iR
Se algo non lle faltou ao Celta de Vigo este pasado sábado, foi a afección que encheu Balaidos / Foto: @RCCelta

O Celta de Vigo comezou este pasado sábado un partido no que puxo todas as súas forzas. Soubo contentese ante o Atlético de Madrid durante os primeiros minutos, aínda que iso non lle fose suficiente para vencer ao seu rival.

 

Tras algúns descoidos defensivos por parte do conxunto madrileño, o celta non estivo tampouco falto de ocasións. Unha parada de Iván Villar, do Atlético, un balón disparado polo Celta a córner e un fóra de xogo de Morata marcaron un inicio tenso do partido. Pero o equipo vigués viuse desmoronado cando cando Griezmann marca un gol de penalti.

 

O Celta non levantou cabeza desde este primeiro gol do Atlético de Madrid, e é que a pesar de haber boto un bo xogo o equipo olívico non tivo sorte o resto do partido. Afortunadamente, non foi até a segunda parte cando ao Celta metéronlle o segundo gol. Estivo a punto, pero unha parada de Guaita freou un disparo a portaría de Samu Liño.

 

A segunda parte seguiu sen sorrir ao Celta de Vigo. O Celta segue tentándoo, pero o seu primeiro tiro a porta termina contra o traveseiro. Pouco despois, no minuto 64 do xogo, Griezmann volve alegrar aos 'colchoneiros' cun segundo gol, tras un fose de xogo de Riquelme.

 

E sen darlle ao Celta tempo de asimilar a vantaxe do seu rival, Griezmann márcase un 'hat-trick' co terceiro gol do partido, que deixou ao Celta xa con poucas posibilidades de remontar o xogo. Con todo, durante os últimos minutos, o conxunto vigués soubo conter e evitar máis goles do Atlético.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE