Xulio Ferreiro

Ferreiro ve un "ataque á autonomía local" o control das contas de Madrid

O alcalde da Coruña di que a decisión de Montoro demostra "a irracionalidad da normativa de Facendas Locais".

Ferreiro nega as "facturas sen control" que denuncia o PP

O alcalde replica ao PP que todos os pagos están "xustificados", pero os populares denúnciano ao Consello de Contas.

Desacordos entre Concello e Portos do Estado sobre os terreos portuarios

Ferreiro ve "decepcionante" a última reunión e reclama "coordinación" entre administracións.

"Agora aceptan as solucións que o concello leva desde abril propoñendo"

O alcalde da Coruña ve unha "boa noticia" o acordo con Adif e a Xunta sobre a intermodal.

Os problemas de accesibilidade do centro de saúde de Durmideiras necesitan "medidas urxentes"

O alcalde da Coruña reclamou por carta a Almuiña que solvente as deficiencias denunciadas por veciños e usuarios.

Ferreiro reprocha á Xunta "falta de compromiso" coa intermodal

A finais de agosto o Consistorio remitiu un informe á Consellería sobre o que dixo que non obtivo "resposta"

O PP di que A Coruña "perde músculo" e Ferreiro critica que desprestixian a cidade

O PP reprocha que se constrúan menos vivendas que en Oleiros, pero o goberno defende que aumentou o número de licenzas urbanísticas.

Contactos entre a Marea e o PSOE para preparar os orzamentos da Coruña

Aínda non sentaron a negociar, pero tratan de evitar que se repita a situación dos últimos anos.

As asembleas da limpeza da Coruña aceptan desconvocar a folga

Quedará oficialmente suspendida cando o luns Xulio Ferreiro asine o documento cos compromisos adquiridos.

Xulio Ferreiro non consegue un achegamento para frear a folga de limpeza

O alcalde de A Coruña insiste en que non hai "condicións obxectivas" para a mobilización dos traballadores, pero pide "diálogo".

Xulio Ferreiro pode faltar ao plenario do próximo sábado de En Marea

O rexedor coruñés, un dos alcaldes que impulsou a confluencia, di que o sábado terá un día "moi ocupado".

Xulio Ferreiro celebra dous anos de cambio "desde a proximidade"

Asegura que as mareas municipais non só se xogan que "siga un alcalde ou un goberno", senón "os modelos de cidades"

Xulio Ferreiro reprocha a Feijóo que faga política de "castigo" coas 'cidades do cambio'

Afirma que lle gustaría "reconducir" as relacións co PSOE e ratifica a súa vontade de optar a un segundo mandato

Os alcaldes de En Marea recoñecen "asperezas" pendentes de limar

Jorge Suárez aposta por que Noriega, Ferreiro e el, como "figuras simbólicas" da confluencia, recuperen unha posición "unánime".

Os valores de María Pita, presentes nos "desafíos" actuais da Coruña

Este domingo celebrouse o tradicional acto de conmemoración do asedio inglés á cidade herculina.

Xulio Ferreiro critica o rumbo tomado por En Marea: "Algo non se está facendo ben"

Defende que a posibilidade de ruptura "está moi lonxe", pero sitúase en contra de que a confluencia se pareza cada vez máis a un "partido clásico".

Primeira reunión do Consello das Mareas desde a elección de Villares como portavoz

Na orde do día figuran a aprobación dos regulamentos dos órganos de dirección e a convocatoria do plenario do próximo verán. 

Beatriz Mato, nova presidenta do PP da Coruña

A conselleira de Medio Ambiente obtivo un 96,85% dos votos nunha xornada en que o seu rival, Javier Escribano, renunciou a presentarse.

Villares séntese "apoiado" polos alcaldes das mareas malia as críticas recibidas

Destaca a "influencia decisiva" na unidade popular de Beiras e cre que debe ser o encargado de reflexionar sobre o futuro de En Marea. 

O Concello e o Porto da Coruña reúnense este luns polos valos da dársena

O encontro precipitouse polas dúas persoas falecidas no último mes, pero non está tomada aínda a decisión.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE