Os problemas de accesibilidade do centro de saúde de Durmideiras necesitan "medidas urxentes"
O alcalde da Coruña reclamou por carta a Almuiña que solvente as deficiencias denunciadas por veciños e usuarios.
Ferreiro, nunha reunión con veciños e usuarios.
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reclamou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, "medidas urxentes" ante os problemas de accesibilidade que, segundo expuxo nunha carta remitida a este departamento, existen no centro de saúde de Durmideiras.
Nesa misiva, recolle as demandas dos usuarios e a proposta do Consistorio "para liquidar as principais deficiencias do edificio, que non se axusta á normativa e non permite o uso accesible normal que a lei esixe".
En concreto, o rexedor pide adoptar medidas de maneira "urxente". Así mesmo, achégalle a proposta do concello para liquidar o que cualifica como "a deficiencia principal", en relación aos problemas de entrada ao edificio.
Escribe o teu comentario