A Consellería deixa os nenos de Chantada sen pediatra no centro de saúde
Estarán obrigados a acudir ao hospital de Monforte, segundo denuncia a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
Os nenos de Chantada deberán ir a Monforte.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp) denunciou a supresión da praza de Pediatría no Centro de Saúde de Chantada.
Segundo manifestou nun comunicado, "esta decisión deixa sen atención pediátrica os nenos da localidade, que deberán acudir para ser atendidos ao Hospital de Monforte", que se atopa a uns 30 quilómetros.
A asociación rexeita esta decisión que, afirma, "forma parte dunha estratexia perfectamente deseñada desde a Consellería de Sanidade de suprimir prazas de Atención Primaria, afastando a poboación dos servizos sanitarios públicos".
Escribe o teu comentario