Xulio Ferreiro

Ferreiro propón un 'distrito do mar' e un museo na fachada marítima coruñesa

Ve a a cidade "hipotecada" polos convenios de 2004 e lembra a intención do goberno local de impulsar unha consulta cidadá.

O PPdeG aposta por Beatriz Mato para recuperar a Alcaldía da Coruña

A conselleira de Medio Ambiente optará a presidir o PP local da Coruña para "construír" un proxecto alternativo á Marea Atlántica. 

A Coruña aproba de maneira inicial o seu orzamento ao non haber moción de censura

O alcalde cre que comeza "un punto de inflexión para pisar o acelerador" na construción da cidade "e nas relacións coa oposición".

Ferreiro entrega ao alcalde de Dublín a camisola do 'Fillos de Breogán' co seu nome

O alcalde, acompañado doutros representantes locais, mantivo unha reunión no Consistorio dublinense para "estreitar lazos" entre ambas as cidades.

Xulio Ferreiro planea unha consulta cidadá coma a de Carmena

O alcalde da Coruña encargou á asesoría xurídica un informe respecto dos pasos para seguir. Preguntará sobre o futuro do bordo litoral.

Xulio Ferreiro: "Non podía ocorrer o do ano pasado"

O alcalde da Coruña está cada día "máis convencido" de ter ligado os orzamentos municipais á cuestión de confianza.

O Dépor non pode "legalmente" ocuparse das obras na cuberta de Riazor

O alcalde herculino non ve viable a proposta do club. O Concello reparará a cuberta nunhas zonas e substituiraa noutras.

O PP da Coruña delega no PSOE a posible presentación dunha moción de censura

Afirma que os socialistas teñen que decidir se están "coa parálise da Marea" ou co seu grupo

A reparación da cuberta de Riazor estará lista "en tres días"

O alcalde da Coruña avanza que, salvo que cheguen novos temporais, "o próximo partido de Liga xogarase sen problema".

Ferreiro perde a cuestión de confianza

"Esperemos que hoxe non esteamos no fin dun capítulo", engadiu en alusión á posible presentación dunha moción de censura por parte da oposición.

Simpatizantes da Marea Atlántica congréganse en apoio ao alcalde da Coruña

Tamén acudiron, para asistir ao pleno, outros cidadáns que queren mostrar o seu respaldo aos populares e socialistas. 

Ferreiro sométese hoxe á cuestión de confianza

Marea Atlántica pretendía chegar a acordos noutros asuntos máis aló dos orzamentos.

Rotas a negociacións entre Marea Atlántica e PSOE na Coruña

As contas serán vinculadas á aprobación dunha cuestión de confianza do alcalde, Xulio Ferreiro

Ferreiro convoca para este sábado o pleno sobre a cuestión de confianza

O alcalde da Coruña afirma estar "canso" de "intentos de tomadura de pelo". Os orzamentos están ligados á votación.

Ferreiro abre a porta a retomar as negociacións e nega ningún "veto"

O alcalde non sinala expresamente a Mar Barcón pero admite que hai "persoas que fan máis fáciles os acordos e outras, máis difíciles".

Ferreiro someterase a unha cuestión de confianza tras romper co PSOE

Marea Atlántica acusa os socialistas de crebar "o clima de diálogo" despois dun achegamento nas últimas horas na negociación do orzamento.

Ferreiro non atrasará máis unha cuestión de confianza se non consegue un acordo esta semana sobre os orzamentos

Di estar "un pouco decepcionado" sobre as reunións mantidas co PSOE e que non quere "cometer o erro do ano pasado".

Ferreiro di que non é "persoal" a súa oposición a que Villares sexa protagonista

Aposta por reforzar as mareas locais na dirección de En Marea. Os orzamentos da Coruña irán ao pleno este mes.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE