Ferreiro entrega ao alcalde de Dublín a camisola do 'Fillos de Breogán' co seu nome
O alcalde, acompañado doutros representantes locais, mantivo unha reunión no Consistorio dublinense para "estreitar lazos" entre ambas as cidades.
// @ConcelloCoruna
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo en Irlanda diversos encontros institucionais para promocionar a cidade, acompañado polo presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Emprego, Alberto Lema.
Segundo informou o Consistorio, o obxectivo é "estreitar lazos" entre A Coruña e Dublín e, así, na xornada deste venres, os representantes municipais mantiveron unha reunión co rexedor de Dublín, Brendan Carr.
Ao primeiro edil dublinense fixéronlle entrega dunha figura da Torre de Hércules e unha camiseta do club coruñés de fútbol gaélico Fillos de Breogán, co nome de Carr no dorsal, nunha imaxe que lembra á do primeiro ministro irlandés facendo entrega a Rajoy da camiseta da selección galega deste deporte, só que neste caso a Carr véselle entusiasmado polo agasallo.
Ao encontro tamén asistiu o embaixador de España en Irlanda, José María Rodríguez Coso, así como representantes da asociación en Dublín de Amigos do Camiño de Santiago.
Escribe o teu comentario