Ferreiro convoca para este sábado o pleno sobre a cuestión de confianza

O alcalde da Coruña afirma estar "canso" de "intentos de tomadura de pelo". Os orzamentos están ligados á votación.


|

Plenocoruna


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, convocou para este sábado ás 12.30 horas o pleno sobre a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos de 2017.


Así, tras romper o principio de acordo co PSOE, o rexedor herculino asinou este luns o decreto que rexe o pleno no que se someterá á cuestión de confianza. De perdela, a oposición tería un período de un mes para formar un Executivo alternativo.


A preguntas dos xornalistas, Ferreiro confirmou a convocatoria do pleno mediante a firma dun decreto, pero precisou que "antes" é posible chegar a un acordo "in extremis" co grupo socialista, con quen rompeu un principio de acordo o pasado xoves despois de que, segundo o alcalde, os socialistas anunciasen unhas condicións que non se pactaron o día anterior.


REXEITA "TOMADURAS DE PELO"


"Eu intento ser un alcalde dialogante pero creo que as intencións de tomadura de pelo teñen que chegar a un límite", manifestou o alcalde da Coruña, quen se mostrou "canso" desta situación e pediu ao PSOE que se tome "en serio" a negociación dos orzamentos.


"Estou cansado de que ao alcalde da Coruña se lle tome polo pito do sereno", afirmou Xulio Ferreiro, quen acusou ao PSOE de "xogar pola porta de atrás".


Todos estes últimos feitos levaron o rexedor herculino a asinar este luns o decreto de convocatoria do pleno municipal para presentar a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos tras romper o principio de acordo co PSOE.

relacionada Ferreiro abre a porta a retomar as negociacións e nega ningún "veto"
relacionada Ferreiro someterase a unha cuestión de confianza tras romper co PSOE
relacionada Ferreiro non atrasará máis unha cuestión de confianza se non consegue un acordo esta semana sobre os orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE