O Concello e o Porto da Coruña reúnense este luns polos valos da dársena

O encontro precipitouse polas dúas persoas falecidas no último mes, pero non está tomada aínda a decisión.


|

Ferreirocoru


O Concello da Coruña e o Porto analizarán, nun encontro que terá lugar na tarde deste luns, as medidas para adoptar tras o falecemento de dúas persoas na dársena coruñesa, á altura da zona da Mariña. O alcalde herculino, Xulio Ferreiro, confirmou que unha das cuestións que se abordarán será a necesidade ou non de instalar valos.


"Primeiro haberá que mirar todos os factores e ver se é necesario valar ou non", expuxo o alcalde, quen volveu trasladar as súas condolencias á familia do actor Mateo González, cuxo corpo foi recuperado este venres do mar, e dun mozo de Mesía (A Coruña) que, a principios de marzo, morreu na mesma zona.


A preguntas dos xornalistas, tras inaugurar un foro sobre mobilidade, cualificou ambos os feitos como "unha desgraza". Ferreiro incidiu en que o Real Club Náutico --ao que o actor Mateo González acudira a unha festa tras a entrega dos premios María Casares-- leva aberto "90 anos".


"E nun mes esas desgrazas", apostilou. Por iso, considerou necesario buscar "solucións" a través da colaboración entre o Concello da Coruña e o Porto.


Preguntado se cre que a localización de zonas de lecer neste lugar influíu en ambos os sucesos, o alcalde remarcou que no Náutico houbo festas, coma a de Fin de Ano, "toda a vida". Con todo, admitiu que haberá que analizar posibles solucións ao existir "outra configuración" na zona ante a proximidade do Porto Centro de Lecer.

relacionada Atopan morto nunha dársena da Coruña o actor Mateo González, de Serramoura
relacionada Dúas mortes nun mes fan saltar as alarmas de seguridade da Mariña coruñesa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE