Desacordos entre Concello e Portos do Estado sobre os terreos portuarios

Ferreiro ve "decepcionante" a última reunión e reclama "coordinación" entre administracións.


|

Puertoscoruna


Portos do Estado avala o uso público dos peiraos urbanos da Coruña, aínda que aprazou a 2022 o debate sobre o futuro dos terreos de San Diego. Mentres, o Concello da Coruña critica a falta de previsións e dun "acordo claro" sobre o futuro dos terreos portuarios.


O presidente de Portos do Estado, José Llorca, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiron este martes a reunión para debater o futuro dos peiraos urbanos coruñeses.


A proposta de Ferreiro pide a creación dun consorcio presidido polo Concello da Coruña para definir os usos dos terreos que sexan recalificados. En canto aos terreos da Solana e o hotel Finisterre propón que sexan, unha vez finalizadas as concesións, de titularidade pública municipal, sen descartar a compra.


"Cremos que quen fai cidade é o concello", sinalou en declaracións aos medios o presidente de Portos do Estado, que insiste en que a definición do modelo de cidade corresponde ás "administracións territoriais".


Desta forma, acepta o modelo de cidade exposto pero sen cambiar a titularidade dos terreos portuarios. O Concello, pola súa banda, mantén a opción de compra dos terreos da Solana.


Llorca asegurou que estudarán a proposta do Concello, pero xa avanza que cren que "existen outras fórmulas" para articular a xestión dos peiraos portuarios sen necesidade dunha compra por parte do concello.


"DECEPCIONANTE"


Pola súa banda, á saída da reunión, o alcalde da Coruña valorou de "decepcionante" a reunión con Llorca e critica a falta dunha "acordo claro" sobre o futuro dos usos dos peiraos coruñeses.


O propio presidente de Portos do Estado e o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acordaron nun reunión mantida hai uns semanas que os peiraos da Batería e Calvo Sotelo sigan sendo públicos.


Por iso, agora Ferreiro considera que "existe un acordo para excluír á cidade da Coruña" sobre as decisións que se tomen en relación ao futuro dos usos dos terreos portuarios.


relacionada Nin os peiraos de Calvo Sotelo e Batería nin a Solana están en venda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE