Galaxia presenta un inédito de Neira Vilas e en 2019 lanzará outro
O autor do maior best seller da literatura galega continúa sendo fonte de novidades editoriais despois do seu falecemento. Mañá preséntase "De Gres a Cádiz" e en 2019 Galaxia promete outro inédito.
O autor do maior best seller da literatura galega continúa sendo fonte de novidades editoriais despois do seu falecemento. Mañá preséntase De Gres a Cádiz e en 2019 Galaxia promete outro inédito.
Así xoves 26 de abril, Dolores Vilavedra -profesora da USC- e Luís Reimóndez, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, presentarán o novo lanzamento, dentro da Biblioteca de Autor que a Editorial Galaxia dedicou, xa en vída, a reunir a obra do escritor inmortal de Memorias dun neno labrego. Ademais, Galaxia asegura que en 2019 un segundo haberá outro libro tamén descoñecido ata hoxe.
De Gres a Cádiz é un libro que Neira Vilas comezou a escribir en 1996 e que está composto por un “ramallete de recordos, de prosas condensadas”, tal como afirma o propio autor no prólogo que deixou preparado para esta edición.
AUTOBIOGRÁFICO
Xosé Neira Vilas recoñece tamén abordar neste novo libro unha parte da súa vida con nostalxia e coa idea de “revelar, á miña maneira, a Galicia aldeá de varias décadas atrás”. E, como é característico de toda a súa produción, literaria ou memorialística, bota man da narración en primeira persoa para dar conta do mundo que viu desde os seus ollos atentos.
Deste xeito, en De Gres a Cádiz enmárcanse as vivencias do autor no período comprendido entre a súa estancia no Gres que o víu nacer, e a chegada a Cádiz, cidade onde se embarcou aos 20 anos cara a América disposto a vivir “unha nova etapa vital”.
Escribe o teu comentario