2020 supuxo un salto adiante para o rapero galego Pedro Ruibal Iglesias. Hard Gz consolidouse como un dos referentes da gran fornada do hip hop actual en España grazas ao éxito dos seus dous discos, o asinado co seu alter ego habitual, Sempre, e o asinado pola súa máscara menos urbana, Lil Gz, Harakiri.
Non menos diverso no aspecto lingüístico, pois a banda canta en castelán, galego e mesmo o disco inclúe dúas pezas en portugués.
O Servizo de Audioviusais da Deputación de Lugo acaba de publicar unha conversación coa poetisa Olga Novo. A profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela, en Monforte de Lemos gañou hai pouco o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía outorgado por Ministerio de Cultura de España.
Alberto Sueiro, director do FIOT e da Asociación Cultural Telón e Aparte, anunciou xunto a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Marcos Trigo, conceleiro de Cutura, a imposibilidade de celebrar a XXIX Edición do Festival Internacional Outono de Teatro.
O presidente galego aproveita a súa visita a Zarzuela para, tirando de cifras, lembrar que Galicia é un lugar con menos incidencia de covid que case todas as outras autonomías peninsulares. Feijóo posiciona así a Galicia como destino turístico, co Xacobeo 2021 ciomo ferramenta clave e a Casa Real como aliada.
Varias decenas de persoas resultaron feridas este martes por mor de dúas potentes explosións que sacudiron a zona do porto da capital do Líbano, Beirut, sen que de momento haxa confirmación sobre que o causou.
Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o lume afectou a 720 hectáreas, das cales 270 pertencían a superficie agrícola.
A ministra de Exteriores, González Laya, referiuse ao pacto alcanzado este martes polos 27, que supón un impulso económico sen precedentes aos países máis golpeados pola crise sanitaria e económica que arrasa a media Europa.
O premio supón un recoñecemento aos concellos pioneiros no noso país na posta en marcha de accións destinadas a mellorar a calidade do aire, de maneira que se visibilicen os seus esforzos e sirvan de inspiración para outros homólogos locais. En cidades de máis de 100.000 habitantes gañou Zaragoza, en menos de 100.000 gañou Compostela.
Na residencia DomusVi Aldán (Cangas) morreron 22 persoas con coronavirus sen ser trasladadas a un hospital, a pesar de que había unidades de coidados intensivos dispoñibles. Esta é unha das denuncias que lanzaron os familiares dos anciáns este fin# de semana fronte ao centro de Aldán. Insisten, ademais, en que volven faltar persoal agora que a Xunta retirouse, algo que a empresa nega.
A multinacional promete non pechar as plantas de Ávila e Cantabria, pero confirma que deixará Cataluña. A presión de Francia ás súas empresas para que repatrien factorías fai temer que plantas como PSA Vigo poidan verse afectadas tamén a medio prazo.
O persoal das residencias viuse empuxado a unha loita que en moitas ocasións non podían gañar, porque non tiñan capacidade.
Estados Unidos é, de lonxe, o país máis afectado polo COVID-19, polo menos por agora e en cifras absoluta. Ao temón ten un presidente que -tras oír que a lixivia e outros produtos matan o virus en obxectos- anima a experimentar con terapias en humanos como inxeccións de desinfectante e baños de raios uva.
O fútbol entre afeccionados en Galicia xógase, moitas veces, en bulleirais que aspiran a ser campos de fútbol.
O número de mortos aumentou a 636 e hai máis de 31.000 casos confirmados. En Europa, o número de casos confirmados chegou a 31 na actualidade, e detectáronse novas infeccións no Reino Unido, Alemaña e Italia.
Enfermos en padiola nos corredores de urxencias nun vídeo remitido a Galiciapress Enfermos en cadeiras de rodas nos corredores de urxencias nun vídeo remitido a Galiciapress A interpretación dos vídeos volve ser diferente.