Miles de mortos nas residencias a pesar de advertencias previas ao coronavirus
O persoal das residencias viuse empuxado a unha loita que en moitas ocasións non podían gañar, porque non tiñan capacidade.
O coronavirus non só arrasou residencias galegas, que acaparan o 45% dos decesos. En Cataluña, xa se notificaron máis de 3.400 mortos nestes centros. Sucede que tanto en Galicia como en Cataluña había advertencias de diferentes colectivos denunciando a falta de medios moito antes de que aparecese o COVID-19.
En Galicia había traballadores de Domusvi alertandno da falta de medios desde 2019. Tamén antes da crise, SASTSE, un dos principais sindicatos de enfermería, estaba a denunciar o déficit de persoal en moitos destes centros de toda España.
O coronavirus xa deixou máis de 3.400 mortos nas residencias catalás, o que supón máis dun terzo das mortes que esta enfermidade provocou no territorio. Esta catástrofe seria máis entendible se fose inevitable, pero non é o caso.
En 2019 o sindicato de enfermería SATSE denunciou nun estudo o grave déficit de enfermeiros que sofren as residencias en España, con só 0,06 profesionais por cada cama, "facendo imposible ofrecer unha atención e curas coa seguridade e calidade que as persoas grandes merécense", denuncia o sindicato.
Con la pandemia del Covid la capacidad en estos centros "no ha mejorado nada, incluso está peor", explica Rafael Ruiz Reina, responsable del sector sociosanitario de SATSE Catalunya, a CatalunyaPress.
O persoal das residencias viuse empuxado a unha loita que en moitas ocasións non podían gañar, porque non tiñan capacidade. Por este motivo agora desde SATSE reclaman máis profesionais para non repetir "erros do pasado".
Do mesmo xeito, desde o sindicato piden que as institucións fagan unha "auditoría integral" para coñecer a situación real que se vive nas residencias de Catalunya, con independencia de que sexan públicas, privadas ou concertadas. CatalunyaPress preguntou á consellera e portavoz do govern, Meritxell Budó, se atenderían ás reivindicacións do sindicato ...
Seguir lendo en Catalunyapress.es
Escribe o teu comentario