Entrevista con Olga Novo, gañadora do Premio Nacional de Poesía, sobre a orixe da premiada 'Feliz idade' (vídeo)


O Servizo de Audioviusais da Deputación de Lugo acaba de publicar unha conversación coa poetisa Olga Novo. A profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela, en Monforte de Lemos gañou hai pouco o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía outorgado por Ministerio de Cultura de España.


|

O Servizo de Audioviusais da Deputación de Lugo acaba de publicar unha conversación coa poetisa Olga Novo. A profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela, en Monforte de Lemos gañou hai pouco o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía outorgado por Ministerio de Cultura de España.







A artista relata o descubrimento da poesía na súa casa familiar de Vilarmao, na que lembra que na súa infancia non había outros libros que os volumes que usaban os seus irmáns en clase, dos que aprendeu as fórmulas métricas clásicas. 


"Concibo a poesía non tanto como unha arte, senón como unha forma máis de estar no mundo" 


"Concibo a poesía non tanto como unha arte, senón como unha forma máis de estar no mundo", reflexiona Novo, sobre a súa obra Feliz Idade, a distinguida polo Ministerio, publicada por Factoría K.  A filóloga e profesora entende o libro como un ponte interxeracional, un poemario produto da confluencia de dous feitos fundamentais, "a concepción e nacemento da miña filla e a enfermidade e morte do meu pai". 


Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, Lugo, 1975) é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Voz destacada da poesía contemporánea en galego, é autora dunha obra entroncada con propostas radicais surrealistas e libertarias, marcada ademais por un profundo vitalismo telúrico, o feminismo, a memoria agraria e o erotismo.


Orixinaria da parroquia de Castroncelos na Pobra, o seu municipio natal renderalle homenaxe, aínda que xa en 2010 puxo o seu nome á Casa dá Cultura pobrense.


Olga Novo co retrato do seu pai nunha imaxe da Deputaciu00f3n de Lugo

Olga Novo co retrato do seu pai nunha imaxe da Deputación de Lugo 

 







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE