​(VÍDEO) ‘FIOT en pausa’: o coronavirus detén o teatro en Carballo, pero non o derrota

Alberto Sueiro, director do FIOT e da Asociación Cultural Telón e Aparte, anunciou xunto a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Marcos Trigo, conceleiro de Cutura, a imposibilidade de celebrar a XXIX Edición do Festival Internacional Outono de Teatro. 


|

Alberto Sueiro, director do FIOT e da Asociación Cultural Telón e Aparte, anunciou xunto a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Marcos Trigo, conceleiro de Cutura, a imposibilidade de celebrar a XXIX Edición do Festival Internacional Outono de Teatro.


“A incerteza provocada polo contexto sanitario, a redución de butacas nos recintos culturais e a dificultade de financiamento impiden que desenvolvamos esta 29ª edición”, lamentou Sueiro, que con todo anunciou unha edición especial para este outubro.





Sempre co obxectivo de “fornecer o tecido cultural e escénico de Galicia como da propia entidade cultural que promove a cita” de fronte ao futuro, desde FIOT, que xa tiña preparada unha extraordinaria programación coa participación de compañías teatrais chegadas de Galicia, outros puntos de España e outros países, afirman que tentaron “ata o último momento” manter a aposta, que xa o ano pasado atraeu a máis de 16.000 persoas a Carballo.


Con todo, aínda que non se celebre como estaba previsto, Carballo si acollerá este outubro unha oferta cultural centrada no teatro do 9 ao 18 de outubro da man da asociación Telón e Aparte. “O noso compromiso co público e coas compañías mantense intacto. Nun momento no que é máis necesario que nunca apostar pola creación e proclamar que a cultura é segura, garantimos que, en Carballo, este outono haberá teatro”, proclamou Sueiro.


Esta “edición”, chamada ‘FIOT en pausa’, contará con algunhas das obras “máis destacadas e laureadas da tempada escénica”, segundo trasladan desde a organización. ‘Curva España’, ‘A lingua das bolboretas’ ou ‘Prostitución’ serán algunhas das pezas que acollerá o Pazo dá Cultura de Carballo.


Fiot en pausa 3


“FIOT en pausa manterá o espírito de aposta por a creación escénica galega do festival e ofrecerá ao longo de dez xornadas diferentes estreas absolutas e funcións de compañías e creadores da terra”, sinalan desde a organización, á vez que Sueiro advirte que este é “nun exercicio de apoio e resistencia ao noso tecido.


FICCIÓN SONORA E MICRO-ESCENAS

Ademais, neste ‘FIOT en pausa’ os espectadores poderán descubrir unha ficción sonora coproducida por FIOT e o Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible onde a escenografía é unha selección da arte urbana que se atopa en Carballo coa creación ‘A Luna, válvula de spray’, espectaculo itinerante da artista Rosalía Fernández Rial.



Doutra banda, este ano tamén se celebrará o Certame de Micro-Escenas M2, onde localizacións como o Salón de Plenos da Casa do Concello, a Ludoteca Municipal ou o Casino 1889 serán o escenario. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE