​(VÍDEO) Así está a zona cero do incendio de Monterrei, o maior da tempada en Galicia

Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o lume afectou a 720 hectáreas, das cales 270 pertencían a superficie agrícola. 


|

Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o lume afectou a 720 hectáreas, das cales 270 pertencían a superficie agrícola.


As imaxes demostran o preto que se atopa o incendio das casas, aínda que este está estabilizado desde onte. Este luns tamén se iniciou un incendio en Toén, estabilizado tras queimar 15 hectáreas, polo que son xa catro os incendios que afectaron a distintas localidades ourensás nos últimos días.








O de Monterrei está declarado como Gran Incendio Forestal ao superar as 500 hectáreas de chan queimado. Na última semana o total de superficie arrasada polo lume na comunidade é superior ao milleiro de hectáreas. Desde Medio Rural, que din ter localizados a 91 potenciais incendiarios, apuntan a a intencionalidade de todos os incendios declarados nos últimos días.


O concelleiro José González non dubida en apuntar que os responsables dos lumes "saben perfectamente onde se colocan" en situacións meteorolóxicas adversas como as destes días, co vento como principal factor, de forman que "intencionadamente" inician incendios que "poñen en perigo aos bens e persoas". Ademais, as horas nas que se inician os focos tamén indican que son provocados.


WhatsApp Image 2020 07 27 at 11.42.21 (1)

O de Monterrei é o incendio máis destrutivo no que vai de verán


Neste escenario, o tempo xogan en contra dos montes galegos e en favor dos incendiarios. A tres días de que se inicie a folga de técnicos de prevención de incendios forestais, a Xunta mantén bloqueadas as negociacións. Os profesionais do servizo de extinción de incendios forestais xa mostraron a este medio a preocupación que lles esperta este parón dos técnicos, sobre todo nun contexto no que cambiou o réxime de incendios forestais, cada vez máis virulentos. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE