Manual da incompetencia política

Manoel Barbeitos
Economista

La ministra Portavoz, de Educación, Formación Profesional y Deportes, Pilar Alegría, durante una rueda de prensa posterior a la reunión del Consejo de Ministros en el Palacio de La Moncloa, a 10 d
La ministra Portavoz, de Educación, Formación Profesional y Deportes, Pilar Alegría, durante una rueda de prensa posterior a la reunión del Consejo de Ministros en el Palacio de La Moncloa, a 10 d

 

 

As eleccións autonómicas de Aragón confirmaron que tanto as chamadas “novas esquerdas” (Sumar, Podemos) como as dereitas conservadoras (PP) están en condicións de escribir un auténtico manual da incompetencia política. Se no primeiro caso se pode dicir que, se atendemos o seu historíal das últimas décadas, parece estar no ADN  no segundo resulta, como estamos vendo en Occidente, un fenómeno máis recente.


En relación ás novas esquerdas (Sumar, Podemos) e o pésimo resultado conseguido nas citadas eleccións autonómicas -pasaron de ter 15 deputados no 2015, a 6 no 2019, 2 no 2023 e 1 no 2026-, hai que preguntarse: como é posible que algo que moitos votantes de esquerdas sabíamos que ía suceder presentándose por separado, os líderes e dirixentes desas esquerdas non o viron?, ou o viron pero non lles importaba por razóns corporativas? Porque se algo tamén está claro é que na actualidade estas novas esquerdas actúan máis como sociedades con intereses corporativos que como partidos que aspiran a seren de masas para así poder cambiar a sociedade capitalista. Un cambio para o que son necesarias amplas maiorías sociais (non unha suma de siglas) que o apoien pero que só son posibles se as esquerdas políticas son cooperativas, solidarias, próximas e participativas. Desgraciadamente en vez de dar unha imaxe de cooperativismo e solidariedade dana de adversarios competindo entre si. Fronte a proximidade á sociedade civil aparecen como organizacións moi pechadas e afastadas. En vez de seren organizacións participativas son entidades moi burocratizadas con dirixentes que só parecen interesados en manter os seus privilexios como casta política. Uns comportamentos que, como novamente se puxo en evidencia nestas eleccións en Aragón, as levan de fracaso en fracaso, de derrota en derrota. Fracasos e derrotas que están debilitando o goberno español de quenda (PSOE/Sumar) e nos achegan ao abismo, poñendo así en evidencia a súa total falta de responsabilidade fronte a gravidade da situación actual.


Pasando ás dereitas conservadoras (PP), cabe preguntarse que sentido tiña adiantar as eleccións en Aragón visto o sucedido en Estremadura? Castigar ao PSOE e a Sumar? Conseguir unha maioría absoluta que lles permitira desfacerse do abrazo do oso de Vox? Empezando por isto ultimo, o resultado electoral pon en evidencia o fracaso deste obxectivo político. Se no ano 2023 o PP sacara 28 deputados e Vox 7 (unha diferencia de 21), nestas últimas foron 26 e 14 respectivamente (a diferencia reduciuse a 12). Se nas anteriores o PP precisaba de Vox para gobernar, co resultado último a necesidade é moito maior, o que reduce a súa marxe de manobra pois con toda seguridade agora Vox encarecerá moito máis os seus apoios. Poida que ao PP lle console o feito de que o PSOE perdera 5 deputados volvendo ao resultado do 2015 no que obtivo 18, cando puido gobernar grazas ao magnífico resultado de Podemos (14). Digan o que digan tanto Núñez Feijóo como Jorge Azcón a vitoria do PP ten un forte resaibo amargo pois marca un futuro político bastante incerto e, no mellor dos casos, unha gobernabilidade moi complicada. Non perdamos de vista que o obxectivo último de Vox é superar ao PP algo que, grazas a os señores Feijóo e Tellado, parece como máis factible cada elección que se vén celebrando nos últimos tempos  con un Vox mais forte e crecido e un PP mais descolocado. 


Iremos vendo que lecturas políticas se fan destes resultados e que conclusións se sacan. No horizonte inmediato están as eleccións autonómicas de Castela e León e Andalucía. As esquerdas volverán a presentarse divididas ou serán quen de deseñar unha estratexia común e ir unidas? As dereitas conservadoras seguirán copiando as maneiras e formatos das extremas dereitas facilitando así que se siga estreitando a marxe entre ambas? Seguirá perdendo votos e deputados o PSOE? 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE